Xa esta aquí O Nadal, rapazas e rapaces! Este ano preparamos unhas recomendacións lectoras para Nadal moi variadas. Hai contos para todas e todos vós en Galego, Castelán e Inglés e non nos olvidamos dos que disfrutades dos cómics e da poesía. Así que xa sabedes. Recordade poñer na vosa carta aos Reis un par de libros. Un libro é un agasallo que podemos abrir unha e outra vez... Bo Nadal!
RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL
Publicado por
biblioponte
0
comentarios
Etiquetas: RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 2021
25 NOVEMBRO
Ola rapazas e rapaces, aquí vos deixamos un resumo das moitísimas actividades nas que participastes na semana do 25 de Novembro. Parabéns a todas e todos polo traballo feito.
Publicado por
biblioponte
0
comentarios
Etiquetas: 25 de novembro 2021
DIA DA BIBLIOTECA
O Día da Biblioteca, as nosas alumnas e alumnos decidiron recomendarlle o seu libro preferido aos seu compañeiros. aqui vos deixo unha mostra das súas recomendacións.
Publicado por
biblioponte
0
comentarios
Etiquetas: Día da Biblioteca 2021
O MAGOSTO
Chegou o Magosto ao cole e enchémonos a comer castañas. Bibliótico, que é un comellón, deu en pensar de cantos xeitos podía comer as castañas e por se esquecía algunha ocorréuselle pedirlle aos nenos que lle enviasen receitas para poder probalas todas. Este Bibliótico..
Publicado por
biblioponte
0
comentarios
Etiquetas: Magosto 2021
SAMAÍN 2021
Samaín...festa de bruxas, caveiras, fantasmas e monstros. Para celebrar tan terrorífica data, que mellor que LER un terrorífico libro. Aquí están as recomendacións que lles demos as nosas alumnas e alumnos para que tiveran unhas divertidas lecturas.
Publicado por
biblioponte
0
comentarios
Etiquetas: Samain 2021
COIDAMOS O NOSO PLANETA
O alumnado de 5º de educación Infantil xunto súa profe Rosa María Guerra Sánchez, participaron nun taller de reciclado de papel. As nenas e os nenos a partir de papel de periódico, fixeron o seu propio papel, que unha vez seco utilizaron para facer debuxos de árbores e asi concienciarse da importancia que ten o reciclado para o coidado do medio ambiente e polo tanto do noso planeta. Esta actividad está dentro do proxecto anual de centro de Coidado do Medio Ambiente
Publicado por
biblioponte
0
comentarios
Etiquetas: Coidamos o noso planeta 2021
POEMAS DE MANUEL MARÍA
O alumnado, de 5º A, disfruta recitando poemas, en este caso o poeta escollido é Manuel María e do seu libro "Os soños na gaiola" Os tres poemas escollidos son: O meu barco, A vaca e O soñador.
Publicado por
biblioponte
0
comentarios
Etiquetas: Manuel María 2021
ENTREVISTA A ISMAEL, CONSERXE DO COLE, SOBRE OS BATUXOS
O alumnado de 5ºB entrevista a Ismael, o conserxe do cole, sobre os Batuxos, embarcacións tradicionais do río Miño, pois os utilizaba a cotío na súa infancia e así facer un podcast na nosa emisora Ponte na Radio sobre este tema tan interesante.
Publicado por
biblioponte
0
comentarios
Etiquetas: Entrevista a Ismael
OBRADOIRO DE PAPEL RECICLADO
Dentro do proxecto anual de centro sobre O Coidado do Medio Ambiente, o alumnado de 6º A de educación Infantil xunto coa súa profe Ire, fixo un obradoiro de reciclado de papel, de forma sinxela e divertida, para coñecer a importancia de protexer, coidar e preservar o medio ambiente asi como conservar os recursos naturais.
Publicado por
biblioponte
0
comentarios
Etiquetas: Reciclaxe 2021
MANGA
Publicado por
biblioponte
0
comentarios
Etiquetas: Manga 2021
A PONTE VELLA 2021
Un novo número do noso xornal escolar, A Ponte vella, sae publicado, este ano, só en formato dixital. Nel aparecen recollidos traballos e propostas creativas do noso alumnado, realizados ao longo deste atípico curso. Esperamos que disfrutedes coa súa lectura. Felices vacacións!!!!
Publicado por
biblioponte
0
comentarios
Etiquetas: xornal escolar 2021
RECOMENDACIÓNS LECOTRAS 2021
Recomendacións lectoras no verán 2021 Lecturas para saber, para aprender, para disfutar, para medrar...
Publicado por
biblioponte
0
comentarios
Etiquetas: Guía de lectura. Xuño 2021
POESÍA EN PONTE NA RADIO
Manuel de 5º C, recita o fermoso poema, Adiós ríos, adiós fontes, de Rosalía de Castro
Publicado por
biblioponte
0
comentarios
Etiquetas: Poesía en Ponte na radio. 2021
MÁIS PROGRAMAS DE RADIO
Continuamos con máis programas de radio, en este caso o alumnado de 5ºB expón a través de catro podcats algunhos dos interesantes traballos realizados a través do curso
Publicado por
biblioponte
0
comentarios
Etiquetas: Máis radio 2021
PROGRAMAS DE RADIO
O alumnado de 5º A, despois de facer varios traballos de investigación sobre o coidado do medio ambiente e o respecto aos animais, grava na nosa emisora de radio Ponte na radio catro interesantes podcats para dar a coñecer as conclusións dos seus traballos
Publicado por
biblioponte
0
comentarios
Etiquetas: Ponte na radio 5º A 2021
TALLER DE POESÍA
VIAXAMOS ENCANTADOS FACENDO PAREADOS é o titulo que recolle as creacións poéticas das nenas e dos nenos de 2º de primaria. Niste vídeo recitan os seus propios versos en un divertido xogo coa lingua, facendo rimas, pareados, xogos de palabras...para, diste xeito, acercarse á poesía e aprender a disfrutar da súa lectura e a facer as súas propias composicións
Publicado por
biblioponte
0
comentarios
Etiquetas: Taller de poesía 2021
ERA UNHA VEZ NA QUIMBAMBA
As nenas e os nenos de 3º e 4º de primaria recitan poemas do libro de Antón Cortizas ERA UNHA VEZ NA QUIMBAMBA. Ao escoitar recitar, os poemas diste divertido libro, entramos nun mundo de fantasía, rimas, sonoridade, imaxinación e humor.
Publicado por
biblioponte
0
comentarios
Etiquetas: Era unha vez na quimbamba 2021
PONTE NA RADIO: PROXECTO MEDIO AMBIENTE
Publicado por
biblioponte
0
comentarios
Etiquetas: 2021, Proxecto Medio Ambiente
PONTE NA RADIO: XELA ARIAS
Polo día das Letras Galegas 2021, este ano dedicado a Xela Arias, o alumnado de 6º de primaria fixo un traballo sobre a vida e obra da homenaxeada que quedou plasmado nun pequeno programa na nosa radio escolar, "Ponte na Radio"
Publicado por
biblioponte
0
comentarios
Etiquetas: Ponte na radio: Xela Arias 2021
POESÍA POLO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
A poesía de Rosalía de Castro, sempre presente no día das Letras Galegas. Adiós ríos, adiós fontes... un dos seus poemas máis coñecidos, recitado por Manuel e Noelia de 5º
Publicado por
biblioponte
0
comentarios
Etiquetas: Poesía nas Letras galegas 2021
O ALUMNADO DE 4 ANOS NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Os nenos e as nenas de educación infantil de 4 anos, para celebrar a semana das Letras Galegas, fan debuxos baseados na obra de XELA ARIAS que gañou o premio de O Facho cando tiña once años, titulada "A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia
Publicado por
biblioponte
0
comentarios
Etiquetas: 4 anos, Letras galegas 2021
O ALUMNADO DE 5 ANOS CANTA O HIMNO GALEGO POLO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Para celebrar o día das Letras Galegas o alumnado de 6º de Educación Infantil canta o HIMNO GALEGO, primeiro no patio e despois na biblioteca. A letra da canción é o poema titulado Os pinos escrito por Eduardo Pondal que forma parte da súa obra "Queixumes dos pinos" e a música foi composta polo músico galego Pascual Veiga.
Tamén cada nena e cada neno fixo un pequeno libro para coñecer un pouco da vida e obra de XELA ARIAS, autora homenaxeada por este día das Letras Galegas 2021
Publicado por
biblioponte
0
comentarios
Etiquetas: Letras galegas 2021
XELA ARIAS
Letras Galegas 2021
Traballo de investigaciòn sobre a vida e obra de Xela Arias ilustrado polo alumnado de 5º e 6º de primaria
Ademais a presentación oral polo alumnado, primeiro, de 1º de primaria e a continuación polo de 6º de primaria
Publicado por
biblioponte
0
comentarios
Etiquetas: Xela Arias 2021
PRESENTACIÓN DE XELA ARIAS EN GENIALLY
Presentación en Genially de XELA ARIAS. A primeira para 4º, 5º e 6º e a Ruleta das palabras para comprobar canto sabemos da poeta á que se lle deica o día das letras galegas 2021. A segunda presentación para 1º, 2º e 3º
Publicado por
biblioponte
0
comentarios
Etiquetas: Genially Xela Arias 2021
OS MAIOS
Os maios é unha festa popular galega para festexar a chegada da primavera e o final do inverno con cantos e con creativas construccións vexetais
Publicado por
biblioponte
0
comentarios
Etiquetas: Os maios 2021
JOSÉ CAMPANARI EN VIDEOCONFERENCIA POLO DÍA DO LIBRO
O alumnado de 1º de primaria, para celebrar o día do libro, falou por videoconferencia con JOSÉ CAMPANARI autor do libro SÍGUEME, ilustrado por Roger Olmos e editado por OQO,que foi o libro escollido por toda a clase como favorito. Campanari contestou a todas as preguntas que as nenas e os nenos lle fixeron.
Publicado por
biblioponte
0
comentarios
Etiquetas: Campanari 2021
O PROFESORADO TAMÉN RECOMENDA POLO DÍA DO LIBRO
Para celebrar o día do libro,o profesorado tamén compartiu o seu gusto lector a través da plataforma dixital Padlet
Publicado por
biblioponte
0
comentarios
Etiquetas: Padlet profes Día do libro 2021
RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE EDUCACIÓN INFANIL E CONTACONTOS NA BIBLIOTECA, POLO DÍA DO LIBRO
As familias do alumnado de educación infantil de 5 anos a través da ferramenta multimedia PADLET compartiron os gustos lectores dos seus fillos e fillas para celebrar o día do libro, e para seguir disfrutando cos libros e cos contos participaron dunha divertida sesión de contacontos na biblioteca.
Publicado por
biblioponte
0
comentarios
Etiquetas: Recomendacións infantil padlet 2021
DÍA DO LIBRO 2021
Que mellor forma de celebrar o día do libro que poñernos todos de acordo para recomendar un libro co obxectivo de fomentar a lectura como ferramenta para a apertura hacia novos coñecementos e recurso que axuda ao desenvolvemento da creatividade e as capacidades cognitivas. A orixe do do día do libro data de 1926 e é debido a que nese día morreron Cervantes, Sakespeare e Garcilaso de la Vega. Neste día, como acto simbólico para a literatura, recordamos o obra universal de Cervantes Don Quixote da Mancha, lemos a aventura dos muíños e debuxamos
Tamén, o alumnado de 1º charlou por videoconferencia con JOSÉ CAMPANARI do seu libro Sígueme
Publicado por
biblioponte
0
comentarios
Etiquetas: Día do libro 2021
ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES
Polo día da poesía Manuel de 5º C recita Adiós ríos, adiós fontes, fermoso poema de Rosalía de Castro que en boca de Manuel cobra unha sensibilidade e unha musicalidade especiais. Noraboa Manu!!!
Publicado por
biblioponte
0
comentarios
PAREADOS POLO DÍA DA POESÍA
A creación de pareados sinxelos, graciosos e divertidos, nun ambiente musical e moi agradable de escoitar, foi o acercamento á poesía do alumnado de 2º e de 3º para iniciarse na escritura de poemas.
Publicado por
biblioponte
0
comentarios
Etiquetas: Pareados 2021
RIMA ARRIMADA
Polo día da poesía, Iker de 4º, recita o poema RIMA ARRIMADA do libro BECHOPOEMAS de Leire Bilbao e publicado pola editorial Kalandraka
Publicado por
biblioponte
0
comentarios
Etiquetas: Rima arrimada 2021
OBRADOIRO DE PAPEL RECICLADO
Publicado por
biblioponte
0
comentarios
Etiquetas: Obradoiro papel reciclado 2021
DÍA DA MULLER 2021
Publicado por
biblioponte
0
comentarios
Etiquetas: día da muller 2021
ROSALÍA DE CASTRO
Hoxe 24 de febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro. Rosaía naceu tal día como hoxe en 1837. Recordamos a súa vida, a súa obra e algúns dos seus poemas máis coñecidos: Adiós ríos, adiós fontes...e Airiños, airiños, aires...recitados polo alumnado de 5º. A súa vida e obra a través de textos realizados en traballos de investigación e tamén adaptados para o teatriño xaponés, kamishibai, e con ilustracións feitas polo alumnado de 5º de primaria.
Publicado por
biblioponte
0
comentarios
Etiquetas: Día de Rosalía de Castro 2021
DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA 2021
Hoxe, 21 de febreiro, é o Día Internacional da lingua materna. É importante que reflexionemos e nos demos conta do tesouro cultural que supón ter unha lingua propia, pois a lingua é un dos sinais de identidade e cultura fundamentais de calquer pobo
Publicado por
biblioponte
0
comentarios
Etiquetas: Día da lingua materna 2021
VENRES DE ENTROIDO 2021
Neste venres de entroido tan atípico, o cole encheuse de velliños e velliñas, sendo o resultado dunha serie de comandas que había que realizar ao longo da semana. Os nenos e nenas d 4º nolo contan en verso.
Publicado por
biblioponte
0
comentarios
Etiquetas: Venres de entroido 2021
TEMPO DE ENTROIDO 2021
Publicado por
biblioponte
0
comentarios
Etiquetas: Tempo de entroido 2021
LECTURAS QUE NAMORAN
Lecturas que namoran. Nesta época tan complicada aínda nos queda o amor pola familia, polos amigos...polos libros. Disfrutemos da lectura que os nenos e as nenas de 3º fan de dous libros fantásticos: SER AMIGO e QUÉROTE AVÓ que transmiten mensaxes de amor, de afeto, de cariño...
Publicado por
biblioponte
0
comentarios
Etiquetas: Lecturas que namoran 2021
ENTROIDO 2021
Neste Entroido tan especil, o alumnado de 4º de primaria dá lectura aos dous libros escritos por Ramón Veiga e ilustrados por David Sierra: E TEMPO DE ENTROIDO e NON PARE A FESTA. Coa lectura dos dous libros imos descubrindo distintos personaxes do entroido galego que se xuntan co propósito de montar troula, pois é tempo de festa, de mácaras, de filloas e de cocido.
Publicado por
biblioponte
0
comentarios
Etiquetas: Entroido 2021
DÍA MUNDIAL DA RADIO 2021
O día 13 de febreiro, celebramos O DÍA MUNDIAL DA RADIO, unha efeméride proclamada pola ONU en 2012. O obxectivo principal deste día é concienciar ao público e aos medios de comunicación acerca da importancia da radio, convidando a reflexionar sobre o seu servizo para, entre moitas accións, combatir a desinformación e axudar ás necesidades da sociedade.
Desde a nosa biblioteca, e a proposta do colectivo radiofónico Rede Espora, queremos celebrar este día coa gravación de entrevistas aos nosos maiores: pais, nais, avós, avoas, bisavós e bisavoas, sobre a presenza da radio nas súas vidas, contestando a dúas preguntas: Cando eras pequeno/a cal era o teu programa favorito? e onde escoitabas a radio?
Así quedaron as nosas aportacións:
Paula e Pedro de 1º, Noa de 4º e Celia de 5ºB
REDE ESPORA:
Hoxe, 13 de febreiro a UNESCO promove o Día Mundial da Radio, nós para festexalo imos facer unha viaxe no tempo, da man dos nosos maiores, de toda a xente que ao igual que todos nós, dende que eran pequenas estiveron acompañadas pola maxia da radio. Deixémonos levar durante uns minutos nesta máquina do tempo polas lembranzas das persoas que nos acompañan e nos queren e achegan as súas voces dende as catro provincias galegas desde os seguintes centros educativos: CPI Manuel Suárez Marquier no Rosal, CEIP Ramón de Valenzuela en Bandeira, CEIP Ben-Cho-Sey de Pereiro de Aguiar, CEIP Frian en Teis, CEIP Víctor Saénz en Mazaricos, CEIP da Torre Cela en Bueu, IES Valadares de Vigo, CEIP A Ponte de Lugo, CEIP Plurilingüe de San Benito de Lérez en Pontevedra e o CEIP Plurilingüe de Chancelas en Combarro.
Con estas aportacións recompiladas por Rede Espora figuramos a nivel mundial na web da UNESCO
Publicado por
biblioponte
0
comentarios
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
O día internacional da muller e a nena na ciencia, que se celebra cada ano o 11 de febreiro, foi aprobado pola Asamblea xeral das Nacións Unidas co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas e tamén para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e das nenas. Este día é un recordatorio de que as mulleres e as nenas desempeñan un papel fudamental nas comunidades de ciencia e tecnoloxía e que a súa participación debe fortalecerse.
Para celebrar este día recordamos a científica MARIE CURIE que foi a primeira muller en recibir dous premios Nobel, en Física e Química e a primeira muller en ocupar o posto de profesora na Universidade de Paris. Elena e Noelia fan un repaso pola súa vida e obra.
Tamén queremos visibilizar, novamente, os traballos realizados polo alumnado de 6º no mes de novembro, mes da ciencia, sobre mulleres científicas
.
Publicado por
biblioponte
0
comentarios
Etiquetas: 2021, Día da muller e a nena na ciencia
SOLTA DE POMBAS
Como é tradición no noso centro, polo día da paz, tamén se fixo unha SOLTA DE POMBAS mensaxeiras, simbolo de paz, coa mensaxe de querer construír un mundo mellor, neste 30 de xaneiro de 2021, día de celebración do día escolar da paz e non violencia.
Publicado por
biblioponte
0
comentarios
Etiquetas: Solta de pombas 2021
ABECEDARIO DA PAZ
ABECEDARIO DA PAZ. Para celebrar o día da paz e a non violencia, as nenas e os nenos de 2º de primaria, presentan un abecedario da paz con palabras de paz, amor, concordia, solidariedade...palabras e debuxos que representan o que nós podemos facer para construír un mundo mellor.
Publicado por
biblioponte
0
comentarios
Etiquetas: Abecedario da paz 2021
PAZ É...
O 30 de xaneiro, celebramos o dia escolar da non violencia e a paz. As nenas e nenos de 2º de primaria reflexionan sobre o que é vivir en paz coa lectura do libro de Tood Paar O LIBRO DA PAZ
Publicado por
biblioponte
0
comentarios
Etiquetas: Paz 2021
POLO DÍA DA PAZ, DI NON A...
Polo día da Paz decimos NON á violencia física, á violencia verbal, á violencia social, ao ciberacoso.
Publicado por
biblioponte
0
comentarios
Etiquetas: Di non a...Paz 2021
PREMIOS NOBEL DA PAZ
No día da Paz recordamos frases de Teresa de Calcuta, Martin Lhuter King, Yaser Arafat, Desmond Tutu, Dálai Lama, Lech Walesa, Nelson Mandela, Shirin Ebadi, Wangari Maathai, Malala Yousafzai...que son algunhas das personalidade que destacaron na defensa dos valores, da Paz e dos Dereitos Humanos aos que lle concederon o Premio Nobel da Paz, destacadas por dedicar décadas de esforzos infatigables por encontrar solucións pacíficas a conflictos, por impulsar a democracia, os dereitos humanos e fomentar o
desenvolvemento económico e político.
Publicado por
biblioponte
0
comentarios
Etiquetas: Premios Nobel da Paz 2021
A PAZ
PAZ é viaxar a moitos lugares. PAZ é dar calor. PAZ é que todo o mundo teña un fogar... Para celebrar o DÍA DA PAZ as nenas e os nenos de 1º de primaria fan un repaso por todas as accións cotidiáns que cando se dan, constitúen un entorno de PAZ.
Publicado por
biblioponte
0
comentarios
LIBROS DE PAZ
Publicado por
biblioponte
0
comentarios
PODCAST: PAN DE MILLO
As nenas e os nenos de 1º de primaria participan na bonita experienia de gravar un podcast na radio escolar do centro PONTE NA RADIO. O tema escollido foi o contido dunha canción titulada "Pan de millo". A través da radio escolar podemos traballar tanto a nivel individual como grupal, moitas habilidades e competencias: lingüísticas, artísticas, musicais...utilizando a forma de podcast que consiste en compartir arquivos de audio de corta duración.
Publicado por
biblioponte
0
comentarios
Etiquetas: Podcast: Pan de millo 2021
APRENDENDO DO NOSO ENTORNO
Publicado por
biblioponte
0
comentarios
Etiquetas: Aprendendo do noso entorno 2021