Mentras agardamos a chegada do Samaín na biblioteca podemos gozar dunha especial selección de libros e contos terroríficos para pasalo de medo. Contos de monstros, de bruxas de esqueletos, de vampiros, de fantasmas de castelos encantados...para ler e disfrutar
CONTOS PARA PASALO DE MEDO
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: maín 2019, Preparando o Sa
24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
A biblioteca é un centro de lectura, información e aprendizaxe integrado na vida da institución escolar, permitindo o acceso a materiais informativos actualizados, diversos, apropiados, suficientes en número e calidade e contemplando todas as áreas do currículo, é dicir, é unha contorna física e dixital de aprendizaxe na escola onde a lectura, o interese, a investigación, a imaxinación e a creatividade son fundamentais cara á información, o coñecemento, o crecemento persoal, social e cultural dos nenos e das nenas.
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: Día das bibliotecas 2019
RADIO NA BIBLIO
Este curso 2019/2020 concedéronnos a participación no proxecto piloto "Radio na Biblio" para poñer en funcionamento un laboratorio/emisora de radio na nosa biblioteca escolar. Con esta iniciativa búscase traballar a expresión escrita e oral do alumnado a través da creación de espazos que funcionen como centros creativos de aprendizaxe. A posta en marcha dunha emisora de radio no centro educativo vai proporcionar múltiples oportunidades para o desenvolvemento das competencias clave e tamén ampliar as linguaxes presentes na biblioteca, promover a expresión oral, a alfabetización múltiple e o traballo colaborativo de profesorado e alumnado.
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: Radio na biblio 2019-2020
BIBLIOTECA ESCOLAR, VIVEIRO DE CIUDADANÍA
Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía" é o lema proposto para as bibliotecas escolares galegas para o presente curso 2019/2020. Óscar Vilán é o ilustrador quen interpreta o lema e nos ofrece unha imaxe múltiple e evocadora de diversas situacións que unha biblioteca pode facilitar.
Compre sementar, crear un habitat axeitado para que os pequenos e as pequenas vaian desenvolvendo a estima por si mesmos e polos recursos naturais e culturais á súa disposición, aprendan a convivir cos outros, adquiran paulatinamente os valores democráticos, o respecto polos Dereitos Humanos e a Cultura de Paz imprescindible para unha convivencia xusta, pacífica e tamén enriquecedora para todas e todos
A Biblioteca escolar pode chegar a ser ese "viveiro de cidadanía" no que medren en confianza as xeracións novas e poidamos forxar a esperanza fronte aos retos que o mundo actual presenta
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: Lema BE 2019/2020
Suscribirse a:
Entradas (Atom)