RECOMENDACIÓNS DE LIBROS PARA LER NO NADAL
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: Guía lectura Nadal 2014
O APALPADOR VISITA A BIBLIOTECA
O venres, 19 de decembro, estivo na nosa biblioteca O APALPADOR, vello xigante, de oficio carboeiro, que vive nas altas montañas. Traía un enorme saco cheo de castañas, xoguetes artesanais feitos á man con madeira, pedra, cartón..., pero tamén traía un conto, ese conto que ten na man e que lles contou aos nenos e nenas do colexio da Ponte.
Na noite de Nadal entra nas casas dos nenos e das nenas para apalparlles a barriguiña. Se están cheas di:" asi, asi esteas todo o ano" e deixalles un xoguete feito á man; senón, cala e deixalles unha presa de castañas.
Despois do conto cantaron todos xuntos a canción do Apalpador de Paco Nogueiras:
"Xa me tarda o momento
de meterme na camiña,
e que veña o Apalpador
a apalparme a barriguiña"
Antes de despedirse, visitou todas as clases repartindo catañas e as guías do Nadal.
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: Visita do Apalpador 19-12-2014
O APALPADOR EN KAMHISIBAI
Ata fai pouco os nosos avós e avoas aínda lembraban ao Apalpador, personaxe popular, mítico, orixinario das terras altas do Cebreiro e o Caurel que era o equivalente ao Papá Noel que importamos das culturas nordicas. Mario e Sandra contan aos máis pequeniños do cole, a súa historia a través do Kamishibai, con debuxos feitos por Sandra Puebla González e os textos son o resultado do traballo de investigación sobre esta figura, feito polo alumnado de 6º de Primaria.
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: O Apalpador en Kamishibai 2014
O DISFRAZ DO APALPADOR
Para promocionar a cultura e as tradicións propias, dende a Biblioteca reivindicamos a figura do Apalpador, personaxe propio do Nadal galego, que xa anda polo centro cantando coplas e apalpando a barriga dos escolares para deixarlles castañas quentiñas.
"Vaite logo meu meniño
marcha agora para a camiña
que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña"
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: Disfraz de ApalpadorPar
O APALPADOR NA BIBLIOTECA
chegou pola mañanciña
está na biblioteca
cantando unhas copliñas
Á biblioteca da Ponte
chegou hoxe o Apalpador
trae regalos e contos
todos con moito amor
Trae tamén castañas quentes
para comer axiña
a todos os nenos e nenas
que teñan moita famiña
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: Apalpador 2014
PLATERO Y YO
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: Centenario da publicaci'on de Platero y yo 12/12/2014
AS ABELLAS
Xa temos na nosa biblioteca o calendario de 2015 do Colectivo Estiño, no que participamos 15 centros educativos, traballando co noso alumnado en torno ao proxecto das ABELLAS onde os nosos escolares investigaron e plasmaron en bonitos e alegres debuxos todo o relacionado coas abellas, o seu ciclo de vida, a súa organizaci'on, as castas, as funcións da raiña, a fecundación, a súa anatomía, propiedades curativas dos seus productos, o apicultor, o enxame, a colmea, a abella na cultura popular, refraneiro, cantigueiro, adivñas e moitas cousas máis que deron lugar a un completo traballo colaborativo que aparece recollido na revista Miuzallas.
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: Calendario Colectivo Estiño 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)