O día 11 de febreiro celebramos no colexio o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia,
Aqui vos deixamos a revista dixital cos traballos elaborados polas distintas aulas sobre científicas galegas.
O día 11 de febreiro celebramos no colexio o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia,
Aqui vos deixamos a revista dixital cos traballos elaborados polas distintas aulas sobre científicas galegas.
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: Dia da Muller e a Nena na Ciencia 2023
Ola a todas!! Esta semana pasada tivemos unha festa das boas. O xoves 23 de febreiro foi o Día da nosa querida Rosalía e en BIBLIOPONTE puxémonos a maquinar nas actividades para conmemorar o Dia de Rosalía de Castro. Isto foi o que fixemos: XOVES 23 FEBREIRO: Durante o tempo de lecer, emitimos por megafonía un pequno recital en honra a Rosalía alternando música e recitado de poemas. Aqui vos deixamos un cachiño para que o desfrutedes: VENRES 24 FEBREIRO O alumnado do centro achegouse á vida e obra de Rosalía de Castro a través das seguntes actividades: - kamishibai de Rosalía, a cargo das alumnas/os de 6°A de EP.
- Recitado e interpretación do poema " Miña Casiña, meu lar", a cargo das alumnas/os de 6° B. - Degustación do Caldo de Gloria: As fantásticas cociñeiras do Comedor Escolar fixéron un Caldo de Gloria ben saboroso que degustamos durante o lecer. Algún repetiu ata cinco veces. Seredes lanbóns!!! Feliz Dia de Rosalía!Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: Dia de Rosalía 2023
O 13 de febreiro celebramos o día Mundial da Radio e aproveitamos a transversalidade que favorece a radio como ferramenta para que o alumnado poña en xogo habilidades e coñecementos adquiridos nas aulas. Neste día tan especial as alumnas e alumnos de 2º B participamos na convocatoria de PONTE NAS ONDAS creando un Podcast sobre o noso PATIMONIO CULTURAL: A PONTE ROMANA de Lugo. O alumnado de 2ºA tamén celebrou o Dia Mundial da Radio experimentando e estudando un antigo aparello de radio que a súa mestra Mª José trouxo á aula. Serán capaces de saber para que serve?
Tedes que velo!!!Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: Día mundidal da radio 2023
O día 13 de febreiro celebramos O día Mundial da Radio na nosa escola.
O alumnado de 6º de EP, xunto co noso mestre de Música Alberto, agasalláronnos neste día tan especial unha nova sintonía para a nosa Radio Escolar: PONTE NA RADIO.
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: Día mundidal da radio 2023
Esta semana traballamos moi duro para crear os nosos conxuros máxicos de PAZ. Sairon ben xeitosos, non si? Tamén formamos os símbolo da Paz entre todas e cantamos "NO DUDARÏA" de Antonio Flores. Aquí vos deixamos un vídeo co traballo realizado. Parabéns artistas!
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: Dia da Paz 2023
O día 11 de febreiro celebramos o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.
En Biblioponte, a nosa biblioteca, queremos celebrar esta data tan importante coa creación dunha revista dixital de mulleres científicas galegas.
Cada titoría elaborará un cartel en Din A3 sobre a cientifica asignada. Todos os carteis serán expostos na biblioteca e crearemos con eles unha publicación dixital.
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: A muller e a nena na ciencia