O arte de contar historias abre un universo que nos invita a soñar, reflexionar, pensar, disfrutar e sobre todo compartir. E ninguén mellor que José Campanari para levarnos da man por eses camiños cheos de contos e historias.
Para conmemorar a semana da Paz, desde os equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega, fixemos dúas propostas da súa bibliografía. Trenfugiados e E que podo facer eu?
Por que estes dous libros? Pois ben, aínda que os dous son diferentes na súa temática, teñen en común que a partir da súa lectura invitan a unha reflexión profunda do que está a pasar na vida de moita xente. Como é posible que un xesto sinxelo de axuda á alguén que temos ao noso lado sexa un enorme xesto de Paz.