Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

CONTACONTOS POLO DÍA DA PAZ

A concienciación da igualdade de xénero e a prevención das violencias machistas dende a escola son os obxectivos a conseguir co conto NON MÁIS PRINCESAS, que disfrutamos polo día da PAZ.
 "Hai algo máis aburrido que ser unha princesa rosa" é o comenzo deste conto que desmitifica os estereotipos de xénero, cunha protagonista que non quere ser princesa, nin vestir de rosa, nin seguir imposicións por cuestións de xénero.   





CONTOS NO KAMISHIBAI POLO NADAL

Os nenos e as nenas de 6º contan contos ao resto dos compañeiros e compañeiras do cole no teatriño xaponés, Kamishibai. Pola biblioteca pasaron os distintos cursos a escoitar o  conto do Apalpador e tamén contos populares adaptados e ilustrados polo alumnado

Para ver o vídeo pica no enlace

BIBLIÓTICO REPARTE GUÍAS DE LECTURA 2019

Bibliótic@, a mascota da biblioteca, reparte guías de lectura polo Nadal 2019

Para ver o vídeo pica no enlace