Agustín Fernández Paz naceu en Vilalba (Lugo) en 1947, morreu en Vigo o 11 de xullo de 2016. Foi profesor e tamén escritor en galego. Recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil pola obra "O único que queda é o amor".
Agustín Fernández Paz, defensor do idioma e da educación, escríbía para cambiar o mundo, para afianzar a fala, para facer pensar e sentir. Os seus engaiolantes libros están na nosa biblioteca para disfrute do alumnado e do profesorado, sendo o noso favorito "Cartas de inverno" lido en repetidas ocasións no club de lectura do noso centro.
AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: A. Fernández Paz xullo 2016
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN 2016
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: Guía xuño 2016
XORNAL ESCOLAR "A PONTE VELLA" 2016
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: Xornal escolar 2016
FESTIVAL LETRAS GALEGAS
Lectura de poesía, recitado de poesía das obras de Manuel María escritos para nenos e nenas: "Os soños na gaiola" e as "As rúas do vento ceibe". Tamén o pasapalabra sobre a vida e obra do autor homenaxeado polos día das letras galegas 2016 e tamén xogos de palabras, puzzles, tendal de obras e de imaxes, todo para coñecer a fondo a biografía e a obra do autor nacido en Lugo, concretamente en Outeiro de Rei.
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: Letras galegas 2016