Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

Hoxe día 24 de febreiro, organizamos na biblioteca do centro, un acto en homenaxe a Rosalía de Castro, coincidindo coa celebración do 177 aniversario do seu nacemento, no que alumnado de todos os cursos  leron poemas das súas obras "Cantares Gallegos" e "Follas Novas" onde a voz da escritora captura todo aquelo que é digno de ser cantado.

RECITANDO A ROSALÍA DE CASTRO

Entres as actividades realizadas en torno á figura de Rosalía para difundir a súa obra e o compromiso vital da escritora galega, o alumnado do centro recitou poemas dunha das súas obras máis coñecidas: "Cantares Gallegos".

DÍA 24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO


Yéssica, le o resultado do traballo realizado sobre a vida e obra de Rosalía de Castro, figura emblemática do Rexurdimento galego e considerada a precursora da poesía moderna. Coa súa obra, a autora deulle prestixio ao galego como lingua literaria e reivindicou o seu uso, nunha época na que o galego era desprezado.

ROSALÍA DE CASTRO

NEGRA SOMBRA


Para celebrar o día de Rosalía, o 24 de febreiro, Sabela Toirán recita o poema "NEGRA SOMBRA" de Rosalía de Castro, incluido no seu libro "Follas Novas", publicado en galego en 1880. É un dos poemas máis fermosos da literatura galega  que afonda nos sentimentos e na saudade con extraordinaria sensibilidade. Foi musicalizado por Xoán Montes Capón,  que creou unha melodía que intensifica notablemente o sentimento expresado no poema, creando un dos máis fermosos cantos da música popular galega.

CONTACONTOS

Iria Mesa e Paula Magide de 4º, contan contos aos máis pequeniños do cole, neste caso" Un can e un gato" de Paula Carbonell e ilustrado por Chené Gómez, conta que os dous animais ao encontrarse xogan, enfádanse, sepáranse, botánse de menos...e volven xogar. Na idade infantil é moi común vivir conflictos entre amigos e frustacións derivadas das relacións . Do mesmo xeito que lle sucede ao can e ao gato.
"A lúa ladroa" de Pablo Albo e ilustracións de Pierre Pratt. Recurre á imaxinación para que o personaxe do conto madure e supere rápidamente a desaparición do chupete, ese amigo inseparable durante tanto tempo.

POEMAS DE AMOR DE AUTORES GALEGOS


Que mellor xeito de celebrar o día "Do Amor" que co recitado das nosas alumnas, Azucena, Elisabeth, Ainara, Covadonga e Yéssica, dalgúns dos máis fermosos poemas de amor, escritos polos nosos autores galegos: Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, Manuel María e Antón Avilés de Taramancos.

LIBROS PARA NAMORAR


O amor é o argumento destes libros que se expoñen na nosa biblioteca. Amores imposibles, amores recícropos, amores heroicos, amores a amigos, amores a familiares. Estes libros están cheos de amor. A súa lectura farán que máis de un se namore dos libros.

ONDE ESTÁS CARACOL? Un libro para festexar o amor

Carla e Lucía contaron aos nenos e nenas de Educación Infantil o conto da Editorial OQO "ONDE ESTÁS CARACOL" de Susanna Isern, ilustrado por Leire Salaberria.  Os protagonistas, un caracol e unha lagartiña, deben buscar solucións para estar xuntos e conseguir que esa amizade tan especial que teñen, poida ser alimentada cada día. Debemos loitar por aquelo que queremos, para facer realidade os nosos soños.

UNHA CANCIÓN DE AMOR


O poema de Álvaro Cunqueiro "Quen poidera namorala" musicado e cantado por Luis Emilio Batallán

MAMÁ


Patricia, acompañada da música de acordeón de Alex, cóntanos o conto de Mariana Ruiz Johnson "MAMÁ". É un canto á maternidade a través da poesía e da arte, cheo de tenrura e alegre colorido. Un canto ao amor a á vida en toda a súa extensión, dende o ser humano e as criaturas que nos rodean, ata a Terra nai.

CONTACONTOS

Alex e Patricia da editorial Kalandraka, deleitáronnos con música e contos." Mamá" de Mariana Ruiz Johnson, "Onde viven os monstros", de Maurice Sendak e "Boas noites bufo" de Pat Hutchins  foron algúns dos contos que nos fixeron disfrutar aos miúdos e aos maiores.