POESÍA POLO NADAL
O alumnado de 2º curso de primaria escriben poesía e o resultado é este bonito poema titulado "O Nadal no fondo do mar"
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: Poema 2º Nadal 2018
POEMA COLABORATIVO DO APALPADOR
é un bonachón
que leva castañas
no seu pantalón
Baixa das montañas
polas noiteboas
cheo de castañas
e de boas novas
No ceo a lúa chea
mira caladiña
como o apalpador
baixa ás casiñas
E mira moi contenta
como con moito amor
entra pola xanela
o vello apalpador
Para deixar agasallos
cheos de luz e cor
con moito sentimento
e feitos con amor
A lúa escapa
para deixar paso ao día
o apalpador vaise
comendo sandía
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: Poema do Apalpador 2018
O APALPADOR
O apalpador é unha das figuras míticas máis relevantes da tradición do Nadal galego. Nestas datas este home de monte baixa do Courel cun saco cheo de castañas para repartir entre os nenos e as nenas do noso cole.
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: O Apalpador 2018
O NADAL CHEGA Á NOSA BIBLIOTECA
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: Nadal 2018
FLORES SILVESTRES
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: Flores silvestres 2018
DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: Conta a violencia de xénero 2018
FLORES PARA MEDRAR EN IGUALDADE
Posted by biblioponte 0 comments
O OUTONO
Poesía e traballo de investigación no outono. Laura e Samuel recitan bonitos versos de temática outonal e Yaiza e Noa presentan un traballo de investigación sobre o importancia do magosto na nosa terra
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: Outono 2018
MAGOSTO
que ricas están
asadas ou cocidas
todas bulirán
Castañas, castañas
castañas para asar
imos ó magosto
a festa vai comezar
Castañas, castañas
todos comerán
e moi contentos
con elas saltarán
Castañas,castañas
no lume estarán,
non as toques
que te queimarán
Castañas, castañas
que ricas están
asadas ou cocidas
nin unha quedará
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: Magosto 2018
REFRÁNS DE OUTONO
Yaiza e Noa de 6º fan unha ronda de refráns sobre o outono. Os refráns forman parte da nosa cultura e debemos conservalos vivos pois trnasmiten coñecementos dunha maneira sinxela e divertida
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: Refráns de outono 2018
MOITOS CONTOS POLO SAMAÍN NA BIBLIOTECA
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: Contos polo Samaín 2018
O SAMAÍN CHEGA Á BIBLIOTECA
xa chega o Samaín
con contos, moitos contos
moitos contos para min
de ras, de ogros, de fantasmas
de lobos, de osos, de bruxas brancas
de morcegos, de zombis, de monstros,
vampiros, arañas e sapos mortos
contos, contos, contos do Samaín
todos, todos, todos, todos para min
están todos na nosa biblio
esperando tamén por ti.
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: Samaín 2018
DÍA DAS BIBLIOTECAS, 24 DE OUTUBRO
DON LIBRO ESTABA XEADO
Estaba o señor don Libro
sentadiño no seu sillón,
con un ollo pasaba a folla
e con outro ve a televisión.
Estaba o señor don Libro,
aburrido no seu sillón
esperando a que viñera... (a lelo)
algún pequeno lector.
Don Libro era un tío sabio
que sabía de lúa e sol,
que sabía de terras e mares,
de historias e aves
de peixes de todo cor.
Estaba o señor don Libro
tiritando de frío no seu sillón
veu un neno, colleuno nas súas mans
e o libro entrou en calor
Traducción ao galego do poema de
Gloria Fuertes
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: Día da Biblioteca 2018
A NOSA BIBLIOTECA
A Biblioteca escolar é un lugar privilixiado para estimular a poesía , para descubrila, para disfrutala..A poesía é ritmo, música, xogo, intuición, emoción fantasía, creación, dominio da linguaxe...
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: Biblioteca 2018/2019
POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: Poéticas diversas 2018-2019
NATACIÓN SINCRONIZADA
Un refrescante e divertido baile dentro da auga. O alumnado de quinto baila ao son do" Danubio azul" de Johan Strauss, con moito estilo e con moitas ganas de refrescarse e de descansar do longo e intenso curso que acabamos de rematar.
Felices vacacións!!!!!!!
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: Natación sincronizada 2018
RECOMENDACIÓNS LECTORAS, XUÑO 2018
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: Guía de lectura, xuño 2018
MARÍA VICTORIA MORENO: VIDA E OBRA
Yaiza, Verónica e Ana dan lectura ao traballo de investigación sobre a vida e obra de María Victoria Moren
o
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: María Victoria Moreno 2018
POESÍA E MÚSICA POLAS LETRAS GALEGAS
Para conmemorar o día das letras galegas, poesía de María Victoria Moreno, Música de Fuxan os Ventos e a montaxe foi realizada polo alumnado de 6º de Primaria do CPI Plurilingüe de Navia de Suarna e a súa profe, Rosalía.
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: Letras galegas 2018
DON QUIXOTE DA MANCHA DE MIGUEL DE CERVANTES SAAVEDRA
Seguindo coas actividades do día do libro recordamos especialmente ao universal Miguel de Cervantes Saavedra e a súa obra mestra Don Quixote da Mancha coa lectura en voz alta do libro por parte de Ana del Río Candia.
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: Don Quixote da Mancha 2018
DÍA DO LIBRO
Hoxe, 23 de abril de 2018, celebramos o día do libro coa campaña de animación á lectura "LER LÉVATE AO MÁIS ALTO" onde o alumnado, o profesorado e a comunidade educativa fan as súas recomendacións lectoras.
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: Día do libro 2018
LECTURA DO PRINCIPIÑO
Emilio Del Río Candia e Noa Sanjurjo López len o comenzo do Principiño escrito por Antoine de Saint-Exupéry. Samuel Neira Martínez le a dedicatoria
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: Lectura principiño 2018
GUÍA DE "O PRINCIPIÑO" DE ANTOINE DE SAINT-EXUPÉRY
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: Guía do principiño de Antoine de saint- Exupéry 2018
O PRINCIPIÑO
O Principiño de Antoine de Saint-Exupery é un clásico literario que, segundo a idade que teñas cando o leas, permite diferentes interpretacións. Esa é a maxia dos libros, permitirnos aprender sempre, sen que importe a idade.
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: O principiño 2018
EXPOSICIÓN: "O PRINCIPIÑO" DE ANTOINE DE SAINT- EXUPÉRY
O Principiño, do autor francés Antoine de Saint-Exupéry, cumpliu, o día 6 de abril, 75 anos de existencia. É un conto que a pesares da súa apariencia sinxela posee observacións e reflexións profundas sobre a vida e a natureza humanas.
Unha exposición de 38 "Principiños" en 38 linguas diferentes é a primeira das actividades organizadas pola biblioteca en torno a esta universal obra e con motivo da celebración do día do libro 2018.
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: O principiño. Abril 2018
DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL 2018
O día 2 de abril, celébrase o día internacional do Libro Infantil e Xuvenil.
Este día é a data do nacemento de Hans Christian Andersen.
O texto do cartel deste ano corresponde a Inese Zandere, poeta e activista da promoción da lectura, nacida en Letonia, quen titula a súa mensaxe: "Os libros fan grande o máis pequeno".
A ilustrtación foi feita por Reinis Petersons, recoñecido debuxante, nacido tamén en Letonia.
Posted by biblioponte 0 comments
DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA 2018
Día da árbore e da auga 2018
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: Día da árbore e da auga 2018
RECOMENDACIÓNS POÉTICAS POLO DÍA DA POESÍA
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: Día da poesía 2018
DÍA DA MULLER 2018
Presentamos os nosos traballos de investigación, para darlle visibilidade a esas mulleres destacadas que coas súas importantes aportacións axudaron a cambiar o mundo dando pasos en favor da igualdade: Concepción Arenal, Marie Curie, Hipatia de Alexandría, Gloria Fuertes e María Victoria Moreno entre outras moitas.
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: Día da muller 2018
PRESENTACIÓN DE LIBROS POLO DÍA DA MULLER
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: Libros día da muller 2018
DÍA DA LINGUA MATERNA
Hoxe, no día da Lingua Materna, queremos abrir unha xanela á diversidade lingüística do mundo
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: día da lingua materna
CONTACONTOS
Desde a editorial kalandraka chegaron á nosa biblioteca, Sara e Alex, cunha maleta chea de contos e cargados de instrumentos musicais para contar e cantar preciosas historias como "Frederick", "A horta de Simón" e "Un máis"
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: kalandraka 2018
CONTACONTOS POLO DÍA DA PAZ
"A paz é ver caer a neve".....
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: Contacontos día da paz 2018
DÍA DA PAZ 2018
da paz 2018
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: Día da paz 2018
30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: Día da paz 2018
RECOMENDACIÓN LECTORA: A HSITORIA DE ERIKA
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: Historia de Érika. Paz 2018
IMAGINE DE JOHN LENNON
Musica polo día da paz. Eva, Noa e Lucía interpretan coa frauta Imagine de John Lennon
Posted by biblioponte 0 comments
DÍA DA PAZ
O vindeiro 30 de xaneiro celebramos o día escolar pola paz no aniversario da morte de Mathama Gandhi (30 de xaneiro de 1948). Aproveitamos a data para fomentar a cultura da paz e a non violencia con seleccións bibliográficas expostas na nosa biblioteca
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: Día da paz 2018