Hoxe Pippi Mediaslongas cumpre 75 anos. Para celebralo aquí temos un capítulo da súa película: "Pippi e as primeiras neves"
PIPPI MEDIASLONGAS
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: Pippi Mediaslongas 2020
MÁIS POESÍA EN HOMENAXE A CARVALHO CALERO
Maís poesía para seguir coa homenaxe a Carvalho Calero. Xenxo de 4º e Icía de 3º gravaron en formato de audio dúas fermosas poesías galegas. Xenxo recita o poema "Galicia" de Manuel María e Icía recita "Fun un domingo" de Rosalía de Castro.
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: Letras Galegas 2020
HOMENAXE A CARVALHO CALERO. LETRAS GLEGAS 2020
Neste 17 de maio de 2020 e desde o confinamento, o noso alumnado homenaxea a Carvalho Calero recitando versos dos nosos autorores: Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Xosé Neira Vilas, Manuel Curros Enríquez, Manuel María... poesía onde latexa o sentir dos galegos e das galegas e o amor e o respecto pola nosa terra e polo noso idioma. A poesía foi unha das grandes paixóns de Carvalho Calero, formou parte da súa vida desde a mocidade ata a vellez. Disfrutou lendo poesía, escribindo e publicando poesía.
En cada vídeo participa alumnado de todos os cursos, empezando polos máis pequenos/as e rematando polos/as maiores.
Que disfrutedes, ao escoitalos, tanto como os nenos e as nenas ao recitalos!
1º Vídeo: Silvia, Marcos 1º, Nuria 2º, Marcos 3º, Iago 4º,
Iria 5º, Diana 6º
2º Vídeo: Icía, Adriana 1º, Irene 2º, Ena 3º, Paula 4º,
Rubén 5º, Antía 6º
3º Vídeo: Mateo, Elena 1º, Adrián 2º, Iria 3º, Noa 4º,
Martín 5º. Dánae 6º
4º Vídeo: Sergio 1º, Izan Pena 1º, Laura 2º, Adán 3º,
Noelia 4º, Carlos 5º, Uxía 6º
5º Vídeo: Álvaro 1º, Hugo 2º, Avel 3º, Ainhoa 4º,
Jean Paul 5º, Rosa 6º
6º Vídeo: Adrián 1º, Izan Cabado 1º, Iker 3º, Elena 4º,
Sergio 4º, Rubén 6º
7º Vídeo: Roi 1º, María 4º, Candela 5º, Hugo 5º,
Brais 6º, Nerea 6º
8º Vídeo : Gonzalo 1º, Gabriel 1º, Ada 3º, Adrián 5º,
Leire 5º, Aroa 6º
9º Vídeo: Iago 1º, Samuel 2º, Selma 3º, Diego 6º, Ismael 6º,
Carmen 6º
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: Homenaxe a Carvalho Calero 2020
CARVALHO CALERO
O traballo sobre o autor homenaxeado polo día das Letras Galegas é un esbozo da vida e obra de RICARDO CARVALHO CALERO, figura fundamental da cultura galega. Represaliado durante o franquismo mantivo un intenso labor cultural que canalizou a través do ensino, das colaboracións na prensa e sobre todo da investigación sobre a lingua e a literatura.
Defendeu a unidade lingüística galego-portuguesa. Viviu en Lugo onde foi profesor e director do Colexio de Fingoi durante 15 anos.
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: Carvalho Calero 2020
CAMPO DE FLORES E BECHOS
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: Campo de flores e bechos
OS MAIOS
Celebrando OS MAIOS dende as casas. Este ano e debido á situacion de confinamento que estamos a vivir, esta festa galega que se celebra para darlle a benvida ao mes de maio, tivo que realizarse por separado, cada quen dende a súa casa, pero xuntos grazas á tradición e á música.
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: Os maios 2020