O 25 de novembro é o día internacional contra a violencia de xénero. Con este día búscase visibilizar e loitar contra a violencia exercida contra as mulleres en todo o mundo, co obxectivo de aumentar o nivel de concienciación sobre o problema e buscar solucións a través da educación. Os nenos e nenas de 3º de primaria expresan os seus sentimentos despois de dialogar e reflexionar sobre a violencia de xénero.
DÍA INTERNACIONAL EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: Día contra a violencia de xénero 2020
PAN DE MILLO
Os nenos e as nenas de 1º cantan e amasan. Tamén bailan. Pan de millo é unha bonita e alegre canción do grupo musical Migallas que nos indica o proceso de elaboración do pan de millo
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: Pan de millo 2020
DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA
O 20 de novembro de 2020 celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA co obxectivo de concienciar sobre a importancia de dar aos nenos e ás nenas a oportunidade de disfrutar da súa infancia e ao mesmo tempo que entendan que non todos os menores poden disfrutar das vantaxes de ser neno ou nena e denunciar os abusos que sufren en determinados países onde a súa realidade é moi dura: maltratos, violacións, traballo infantil, nenos militares... Neste día, os nenos e nenas de 2º curso recodan os seus dereitos fundamentais.
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: Día da infancia 2020