Aquí vos deixamos as recomendacións lectoras para o Nadal.
Recordade que a lectura levaravos a imaxinar, descubrir, viaxar,...
NON DEIXEDES DE LER!
BO NADAL!
Aquí vos deixamos as recomendacións lectoras para o Nadal.
Recordade que a lectura levaravos a imaxinar, descubrir, viaxar,...
NON DEIXEDES DE LER!
BO NADAL!
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 22
Boas Rapazada! Deixámosvos unha recopilación das actividades realizadas no Mes da CIENCIA NA BIBLIOTECA
10 de novembro 2022
O alumnado de 5° e 6° tivo a sorte de contar coa visita de XURXO MARIÑO, biólogo e divulgador científico, que coa charla " Ciencia, aventuras e a sorpresa dunha viaxe a través do mundo" agasallou as nosas nenas e nenos con sorprendentes fotografías , anécdotas e curiosidades científicas.
As alumnas e alumnos de 2ºA investigan "O Caso das Cores Desaparecidas" cun experimento cheo de MAXIA:
Experimentos realizados polo alumnado de 4° EP:
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: MES CIENCIA 2022
Aquí vos deixamos un vídeo resumo de como resultou a nosa proposta de traballo para o 25 de Novembro.
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Boas rapazada,
Publicado por biblioponte 0 comentarios
O 25 de Novembro celebramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Como cada ano dende Biblioponte queremos deixarvos as nosas recomendacións lectoras e tamén algúns recursos para reflexionar e traballar en prol da IGUALDADE de XÉNERO:
RECOMENDACIÓNS LECTORAS:
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Aproveitando que estamos inmersos na renovación da biblioteca, celebramos o Día da Biblioteca reflexionando todas e todos sobre como lograr que BIBLIOPONTE se convirta nun Centro de aprendizaxes.
O equipo de biblioteca facilitou os seguinte documentos como guía da actividade:
- Un enlace a este interesante artigo de Cristina Novoa:
para que as mestras fixesen un primeiro achegamento ao que queren elas de Biblioponte e como queren aproveitar os recursos da biblioteca.
- Dous documentos para traballar cos rapaces e sacar conclusións:
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Boas rapazada!
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Dende Biblioponte dámosvos a Benvida a este novo curso que chega cargadiño de novidades. Como xa vistes pasamos todo o verán facendo obras na biblioteca para poder convertila nun espazo increible no que todas e todos poidamos APRENDER, XOGAR, INVESTIGAR e CREAR xuntos..
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: Benvidas/os curso 22/23
O Equivo de Biblioteca e o EDLG elaboramos as seguintes recomendacións lectoras para verán. Esperamos que sexan do voso agrado!
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: RECOMENDACIÓNS, VERÁN
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: EI, PROXECTO, VOLCAN DE PALMA
Os maios é unha festa popular galega para festexar a chegada da primavera e o final do inverno con cantos e con creativas construccións vexetais
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: OS MAIOS 2022
Os traballos por proxectos, supoñen un reto para a interdisciplinariedade, pois permiten adquirir coñecementos das diversas áreas a través de traballos de invetigación baseados nun tema central que se vai enriquecendo e ramificando.
O tema central deste curso foi Os seres mitolóxicos da Galiza. Comezamos o noso proxecto cunha viaxe realizada polo alumnado de 6º á Senda mitolóxica.
https://bibliopontelugo.blogspot.com/2022/04/excursion-de-6-senda-mitoloxica.html
A partir de aí e dado o interese que suscitou o tema propuxemos o seguinte proxecto interdisciplinar:
- Investigación e consulta de distintas fontes sobre os seres mitolóxicos da Galiza.
As nenas e nenos de 2º cóntannos como investigaron sobre os Biosbardos
- Creación dun diccionario de seres mitolóxicos.
- Creatividade e experimentación con distintas artes plásticas para plasmar como nos imaxinamos eses seres mitolóxicos (cada aula elexíu un diferente) -
O alumnado de segundo creou os seus BIOSBARDOS con pasta branca e decorouno con acuarelas:
-Proceso de creación dunha narración/conto que xire entorno ao ser elixido pola nosa aula.
-O proxecto permitiu ao alumnado o manexo de diferentes fontes de información, así como a realización de actividades de distintas disciplinas ( Plástica, expresión oral, espresión escrita,...)
Aquí vos deixamos a nosa exposición dos seres mitolóxicos traballados ( Biosbardos, A Moura, O Gatipedro, ...)
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: "proxecto interdisciplinar" "seres mitolóxicos" Galiza
boas rapazada, cando ides polo pasillo de 5º pensades que estades soñando. Non!!! E que as profes e as alumnas e alumnos de 5º están vivindo unha aventura en Hogwarts! Aquí vos deixo un pequenísimo resumo do que traballaron este curso. Esta actividade realizouse nas titorías de 5º A e 5º B de EP con colaboración da biblioteca do centro co obxectivo de fomentar o hábito lector e o gusto pola lectura do alumnado, lendo e comentando o mesmo libro e creando un espazo para a reflexión e o diálogo pero tamén para as relación interpersonais. A lectura do libro servíu tamén como eixe vertebrador de actividades a nivel titorial: traballaron durante todo o curso agrupados en casas; Griffindor, Slitherin,...tratando de conseguir a mellor puntuación nas actividades das distintas materias. Decorarón a aula e o corredor ao estilo Hogwarts con distintas creación plasticas,..
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: proxecto interdisciplinar "harry potter"
Aínda que un pouco fóra de tempo... deixámosvos aquí o recetario que elaboramos coas receitas de castañas que deixastes na bandexa da Biblioteca. Non o perdades de vista que hai receitas ben sabrosas para o vindeiro outono.
Publicado por biblioponte 0 comentarios
As alumnas e alumnos de 5ºA e 5ºB de EP elaboraron esta revista de pasatempos para axudarnos a coñecer mellor a Florencio Delgado Gurriarán. Esperamos que a deifrutedes:
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: PASATEMPOS LETRAS GALEGAS 2022
As nenas e nenos de 3º de EP e a súa mestra, Begoña, tamén se animaron a recitar para nós Galicia Infinda de Florencio Delgado Gurriarán:
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: radio LETRAS GALEGAS
As alumnas e alumnos de 6ºA homenaxean a Florencio Delgado Gurriarán:
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: RADIO LETRAS GALEGAS
Xa estamos en maio!! Un mes cheo de cores, flores e letras, as nosas letras...As Letras Galegas. Este ano, para prepararnos ben para a celebración das Letras Galegas, o equipo de Biblioteca e máis o de Dinamización da Lingua Galega, fixemos unha selección de fondos en Galego que incluíu: narrativa, cómics, música, xogos e como non bibliografía sobre e de Florencio Delgado Gurriarán,
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: Letras Galegas 2022
Aquí vos deixamos as nosas recomendacións lectoras para o mes das LETRAS GALEGAS.
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: RECOMENDACIÓNS LECTORAS MAIO 2022
O 21 e 28 de Abril as alumnas e alumnos de 5º de Primaria desfrutaron de dúas sesións formativas para seguir perfeccionando o noso coñecemento da radio. Na primeira sesión faláronnos das partes da enisora e de como se conectan os distintos elementos que a compoñen. A segunda sesión tratou sobre a creación de contidos para a nosa emisora. Traballamos co programa Audacity e fixemos prácticas en pequenos grupos. Aquí vos deixamos algunhas imaxes e videos das xornadas.
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: FORMACIÓN, radio na biblio
Boas rapazada!!
As mestras e mestres do cole queremos felicitarvos polo moito que traballastes e o ben que o fixestes esta semana adicada ao Día do Libro. Foi estupendo ver cantas gañas tedes de colaborar coa nosa Biblioteca.
Déixovos aquí un pequeno reportaxe das actividades que promovemos durante esta semana dende a biblioteca para conmemorar o Día do Libro:
BIBLIOPATIO
Nesta semana, coa colaboración do alumnado de 6ºA, puxemos en funcionamento "BIBLIOPATIO". Durante o tempo de lecer, as nosas voluntarias e voluntarios sacacaron a patios caixas cargadiñas de contos en Galego, Castelán e Inglés.
APADRIÑAMENTO LECTOR
O venres 29 as alumnas e alumnos de 6º, 5º, 4º e 3ºde EP apadriñaron aos máis pequenos do cole cun agasallo precioso: Léronlles o seu conto favorito.
Aquí vos deixo un vídeo da actividade. Esperamos que o disfrutedes tanto coma nós.
GROLIÑOS DE LECTURA
Esta proposta chegou á nosa biblioteca da man de varias titoras do centro e gustounos tanto que decidimos compartila con todas.
- Primeiro fixemos un debuxo do noso libro favorito nun papel reciclado (utilizamos as follas das enciclopedias que retiramos no espurgo e así démoslles unha segunda vida)
- A continuación, enrolamos o debuxo a modo de pergamino e decoramos un vasiño, preferíblemente de papel, para meter o noso pergamino, creando así o noso GROLIÑO DE LECTURA.
- Finalmente, as mestras de EI, fixéronnos un mural para pegar tódos os groliños de lectura das nenas e nenos que participaron na actividade.
FELIZ DÍA DO LIBRO!!
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: DÍA DO LIBRO 2022
Moi ben o pasamos nas aulas de Inglés!! Aquí vos deixamos un vídeo das nenas e nenos de EI xogando e aprendendo en Inglés .
LET'S MAKE A CIRCLE!
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: ENGLISH
O 4 de abril, as alumnas e alumnos de 6º foron de excursión cos seus tirores, Fran e Rocío, con Pablo, o mestre de EF, e cos alumnos de prácticas que están a traballar con eles este trimestre David e Laura. Foi unha excursión moi marchosa xa que estiveron de ruta na SENDA MITOLÓXICA, en Santiago de Compostela.
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: excursión 6º
Este 4 de abril, as nenas e nenos de infantil tiveron unha sorpresa enorme. Veu visitalos Paco Nogueiras cargadiño de contos... Non vexades o ben que o pasaron!!
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: paco nogueiras 2022
Durante toda a semana, as rapazas e rapaces de 1º, 2º e 3º de EP traballaron e prepararon a celebración do Día Mundial da Auga coa lectura e posterior traballo do conto A GOTIÑA VIAXEIRA de Toño Núñez.
Tanto lles gustou o conto que quixeron coñecer a TOÑO NÚÑEZ e para recibilo fixeron este fermoso traballo: O Día 22 Toño veu celebrar con eles o día da auga. Aquí vos deixo algunha imaxes do ben que o pasaron.Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: DÍA DA AUGA 2022, TOÑO NÚÑEZ
Hoxe queremos deixarvos como mostra do traballo realizado o 8 de marzo no noso centro, o vídeo elaborado polas nenas e nenos de 1ºB co que quixeron homenaxear as súas AVOAS:
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: día da muller 2022
Na semana do 23 de febreiro o noso centro levou a cabo numerosas actividades para celebrar o Día de Rosalía. Aquí vos deixo unha imaxe do mural que fixemos en homenaxe a Rosálía no que o alumnado de infantil experimentou con numerosas técnicas plásticas. Tamén puxeron o seu graniño de area as alumnas e alumnos de EP que participaron na elaboración do marco co debuxos de Rosalía en versión Minecraft e coa ilustración e tradución a pictogramas de varios fragmentos das obras de Rosalía.
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: Rosalía de Castro 2022