"En abril, libros mil" é o título do poema que fixemos entre todos con motivo do día internacional do libro, 23 de abril de 2013, nas sesións de animación á lectura. Alba, Lorena, Pablo e Joel recitárono.
EN ABRIL, LIBROS MIL
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: En abril, libros mil. 23 de abril de 2013
¿QUE LIBRO ESTÁS LENDO?
Con motivo da celebración do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO, realizamos, entre outras actividades, unha campaña entre toda a comunidade educativa para destacar a importancia da lectura. Había que contestar á pregunta ¿QUE LIBRO ESTÁS LENDO?
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: Día do libro. 23 de abril de 2013
DÍA DO LIBRO
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: Paula Carballeira. Día do Libro 2013
40 ANOS DA GRAMÁTICA DA FANTASÍA DE GIANNI RODARI
En 1980, morría en Roma, un dos autores de literatura infantil e xuvenil máis importantes do século XX: GIANNI RODARI.
Este ano conmemórase o 40 aniversario da publicación do seu libro máis coñecido: A GRAMÁTICA DA FANTASÍA
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: 40 anos gramática da fantasia. Abril 2013
JOSÉ LUIS SAMPEDRO
José Luis Sampedro finou o pasado domingo. Foi un escritor, economista e humanista que apostou por unha economía máis humana, máis solidaria, capaz de contribuír a desenvolver a dignidade dos pobos. Tivo unha sobresainte traxectoria literaria e un pensamento comprometido cos problemas do seu tempo. Foi premio Nacional das Letras Españolas. Unha figura querida e respectuosa, crítica e comprometida que deixa un importante legado.
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: abril 2013, José Luis Sampedro
40 ANOS DA MORTE DE PICASSO
O día 8 de abril, fai 40 anos que morreu PABLO RUIZ PICASSO, excepcional pintor e escultor,un dos mellores e máis importantes artistas do século XX, para recordalo, compartimos unha presentación onde aparecen fotografías dalgúns dos seus cadros que conteñen libros, realizada por Marga Camarero e Mª José Pousa da EEI Barrionovo- Pastoriza (Arteixo- A Coruña)
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: 40 anos da morte de Picasso
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés HANS CHRISTIAN ANDERSEN,celébrase o día internacional do libro infantil e xuvenil co fin de promocionar os bos libros e a lectura entre os máis novos. A nosa biblioteca organizou para este día unha exposición con libros do autor e a lectura continuada dunha das súas obras máis coñecidas: "O traxe novo do emperador".
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: día 2 de abril, día do libro infantil e xuvenil
DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA
A necesidade de preservar a riqueza natural do planeta, lévanos á respectar o noso hábitat máis próximo como base fundamental da conservación do medio ambiente para que sexa garantía de benestar e de calidade de vida. Nestes días elixidos en todo o mundo para celebrar o día da árbore, 21 de marzo e da auga, 22 de marzo, aproveitamos para traballar desde a escola a importancia que teñen nas nosas vidas as árbores e a auga e a concienciación para conservar a Natureza. A calidade ambiental do noso entorno e do planeta depende moito do uso que todos fagamos da auga e das árbores, de tratalas como o que son: fonte de vida.
Publicado por biblioponte 0 comentarios
Etiquetas: Día da árbore e da auga