Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

DÍA DA PAZ e DÍA DA ILUSTRACIÓN (30 xaneiro)

 Proposta Biblioteca: DÍA DA PAZ e DÍA DA ILUSTRACIÓN (30 xaneiro) 


 Animámosvos a celebrar tamén con nós o DÍA DA PAZ e o DÍA da Ilustración participando na actividade "PALABRAS MÁXICAS"

- Escoitaremos a canción ' Palabras Máxicas' recollida no  conto/disco A BRUXA DISCORDIA de Mamá Cabra. 



https://music.youtube.com/watch?v=9qh8-if2b5o&feature=share

- Observaremos a estrutura das estrofas e, en gran grupo, elaboraremos unha nova estrofa/feitizo.


- Cada un de nós ilustraremos o noso feitizo nun anaco de papel.


- Finalmente, escribiremos o  Feitizo da nosa clase con letras fermosas nun anaco de papel corrido

e pegaremos as ilustracións de todas e todos nel.


As nosas 'PALABRAS MAXICAS' serán expostas na entrada do colexio. 


Deixovos a letra para que poidades observar a estrutura.



CLUB DE LECTURA 2023: "HISTORIAS DA PONTE VELLA"

I xornada do Club de Lectura “Historias da Ponte Vella” Este curso estamos inmersos no programa de innovación educativa dos Clubs de Lectura. Durante a hora de lecer do pasado venres, o alumnado voluntario de quinto e sexto de Educación Primaria puido gozar do primeiro encontro. Para introducir o Club de Lectura, escaneamos uns códigos Qr sobre o libro a ler (“A gruta da Torre”) e do seu autor (Lois Pérez). Agora que xa o coñecemos, é hora de comezar a compartir momentos de lectura e moitíiiiiisimas outras actividades.

CLUB DE LECTURA: HISTORIAS DA PONTE VELLA

 Promoción do noso Club de Lectura “Historias na Ponte Vella”

Por fin chegou o día! Xa temos preparado o cartaz que promociona o Club de Lectura.

Alumnado voluntario de 5º e 6º de Educación Primaria e maestras teremos o inmenso pracer de compartir lecturas, manter encontros literarios, conversas que nos farán voar a imaxinación e vivir unha morea de aventuras que nos transportarán a fermosos lugares e coñecer a vida en diferentes épocas.

Comezamos!!