PLANTAMOS UNHA ÁRBORE POLO DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA
Aproveitamos a celebración do día da ÁRBORE
E DA AUGA para plantar con todos os escolares do centro unha árbore como forma de axudar a frear o deterioro do noso medio ambiente e tamén para reflexionar sobre os servizos que prestan as árbores ante situacións ambientais que afectan á humanidade, caso espescífico do quentamento global do planeta e a disminución da calidade e cantidade de auga, que día a día mostran os seus efectos negativos para os seres humanos. As árbores captan e recargan as fontes de auga, liberan osixeno e capturan o dióxido de carbono. Por esta razón, hai que promover unha conciencia de conservación e restauración dos bosques, facendo un bo uso dos recursos naturais.
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: Día da árbore 2019
DÍA DA POESÍA 2019
Celebramos o Día Internacional da Poesía con un recitado de poemas do libro de Antonio García Teijeiro (Premio Nacional de Literatura polo seu libro Poemar o mar) titulado "Caderno de fume". Nesta poesía palabras e fume veñen ser o mesmo: divirten, provocan, deixan olor e, se ti queres, permítenche imaxinar que estas a escribir o teu propio fermoso caderno de fume.
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: Día da Poesía 2019
PIONEIRAS 2
Elena presenta aos compañeiros e compañeiras o libro PIONEIRAS 2, galegas que abriron camiño. Son fotógrafas, arquitectas, mestras, políticas, actrices, astrónomas, aviadoras... O segundo volume de Pioneiras fala de máis mulleres donas de si; galegas que foron capaces de desviarse do vieiro que a sociedade do momento lles reservaba e faceren grandes contribucións sociais e conquistas de dereitos que legan ás novas xeracións.
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: Pioneiras 2
DÍA DA MULLER 2019
Este día é un bo momento para reflexionar acerca dos avances logrados, pedir máis cambios e celebrar a valentía e a determinación das mulleres de a pé que xogaron un papel clave na historia e dar visibilidade ás mulleres destacadas no campo da ciencia, a tecnoloxía, a literatura, as matemáticas, a pintura, a música...
Tamén engadimos unha presentación de personaxes femininos (feita polo coro feminino Cantar Delas) dende o século XIII ata o século XX. Estes personaxes que forman parte do imaxinario colectivo, están presentes nas nosas vidas sen saber, en moitos casos, quen foron e as razóns polas que pasaron á historia. A intención é dar a coñecer o papel que estas mulleres tiveron no cuestionamento da orde social, na loita contra as inxustizas, os motivos polos que foron perseguidas nuns casos, vilipendiadas ou imcomprendidas noutros.
Posted by biblioponte 0 comments
Labels: Día da muller 2019
Suscribirse a:
Entradas (Atom)