Poema de Xosé María Díaz Castro, musicado por Xoan Fuertes Saavedra, interpretado por Fuxan os ventos. O recitado é do propio poeta.
Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo
LIBRO DE NURIA
A poesía abre as portas a un mundo de versos, de rimas, de xogos de palabras, de expresións... Nuria Devesa Núñez, preséntanos o seu segundo libro de poemas titulado "YO QUIERO TENER UN LIBRO ASÍ" onde expresa as súas emocións, os seus gustos, os seus sentimentos e tamén os ilustra cos seus bonitos debuxos cheos de colorido, espontaneidade e sinxeleza. Un bonito agasallo polo día do libro e unha boa ocasión para compartir a poesía coa lectura en voz alta, pois o vínculo que crea, perdura na memoria
POEMAS DE NURIA
Coincidindo coa celebración do día do libro, Nuria Devesa Núñez, publicou o seu segundo libro de poemas titulado "YO QUIERO TENER UN LIBRO ASÍ" un libro onde Nuria expresa as súas emocións, os seus gustos os seus sentimentos e tamén plasma os seus debuxos, espontáneos, sinxelos e cheos de cor. O libro consta de 39 poemas e 22 ilustracións.
Neste vídeo, Nuria recita dous poemas do seu libro, un en galego: "Cada cousa é da súa maneira" e outro en castelán: "La sirenita y yo".
O libro está na biblioteca, disposto para ser lido e disfrutado.
DÍA DO LIBRO
Polo día do libro, as recomendacións lectoras de toda a comunidade educativa, expostas en grandes taboleiros saen ao exterior. Libros e máis libros, os nosos preferidos, para motivar a lectura de novos libros recomendados polos nosos compañeiros/as, profesores/as, pais nais e demais persoal do centro.
EN ABRIL, LIBROS MIL
DÍA DA TERRA
O día 22 de abril, celébrase o "DÍA INTERNACIONAL DA TERRA", instaurouse para crear conciencia dos problemas medioambientais, co obxectivo de recoñecer a importancia do uso responsable dos recursos naturais da Terra, así como dunha educación ambiental.
Desde a bilbioteca o alumnado do terceiro ciclo realizou actividades a través da rede con relación a este tema e tamén prsentaron ao resto do alumnado o libro "50 cousas sinxelas que podes facer para salvar a Terra"

DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
O día 2 de abril, celebramos na nosa biblioteca o día internacional do libro infntil e xuvenil. Nun acto colectivo no que participaron nenos e nenas de todos os cursos, rememoramos a figura de Hans Cristian Andersen, lendo a súa vida e obra e facendo unha exposición cos seus contos máis coñecidos. En diferntes sesións de contacontos, Pamela de 6º e Yéssica de 5º contaron aos máis pequenos e pequenas dous dos seus contos favoritos de Andersen: "A princesa e o chícharo" e "O valente soldadiño de chumbo"
DÍA DO TEATRO
Para celebrar "O DÍA DO TEATRO" Gonzalo, Iria e Alex, leron na Biblioteca do centro o conto de Francesca Chessa "Non quero ser un polbo! despois de facerlle unha adaptación en verso ao teatro. Coa lectura deste conto teatralizado intentamos transmitir a importancia da aceptación dun mesmo e a valoración da nosa identidade, fomentando unha actitude positiva
ANXO MOURE
Hoxe chegou ao noso centro un "Pescador de contos". ANXO MOURE, o barqueiro do Miño, viña tirando da súa batuxa e a súa cana de pescar contos, prearado para pescar moitos contos, contos que escapan do lixo no río, da contaminación, da seca das lagoas, contos de xacias de barbos de troitas e lampreas...que logo imos cociñalos para que alimenten a nosa imaxinación e a través das nosas palabras poidan volver a nadar nos ríos, nas lagoas e bañarse nas fervenzas
Anxo Moure defende o conto como ferramenta educativa de sensibilización e loita para construír un mundo en harmonia co ecosistema.
DÍA DA POESÍA
Para cecebrar o día internacional da poesía, na nosa biblioteca escribimos e lemos poemas que nos axudan a despertar a mirada poética dos escolares para aprender a mirar o mundo a través dela e aportar beleza e capacidade para analizar as propias emocións ao tempo que as compartimos e potenciamos a creatividade
Suscribirse a:
Entradas (Atom)