As nenas e os nenos de 1º de primaria participan na bonita experienia de gravar un podcast na radio escolar do centro PONTE NA RADIO. O tema escollido foi o contido dunha canción titulada "Pan de millo". A través da radio escolar podemos traballar tanto a nivel individual como grupal, moitas habilidades e competencias: lingüísticas, artísticas, musicais...utilizando a forma de podcast que consiste en compartir arquivos de audio de corta duración.
Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo
APRENDENDO DO NOSO ENTORNO
As nenas e os nenos de 1º de primaria teñen múltiples oportunidades para descubrir e aprender do noso entorno, observando, compartindo, relacionándose, interactuando, investigando, explorando, respectando...
O noso entorno é unha escola de aprendizaxe para lograr mellores persoas, máis respectuosas cos demais e con outros seres vivos (o mundo animal e o vexetal).
Só o saber, o coñecemento e o sentimento nos fan espíritus críticos. Temos a posibilidade de desenvolver todo o noso potencial personal a través das diferentes experiencias que nos facilita o entorno.
RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 2020
O Nadal é un tempo para viaxar coa mente, o corazón e a imaxinación e podémolo facer con LIBROS, libros para disfrutar, para experimentar, para entender mellor aos demais e tamén para agasallar. Aquí vos deixamos, en esta pequena guía, algunhas recomendacións lectoras para este tempo de Nadal.
POEMAS DE NADAL
Coa chegada do inverno, chega tamén o Nadal. Choiva, vento, neve, ás veces sol, festividades, sirven de inspiración para expresar os nosos sentimentos, para compoñer e recitar vesos. Coa sinxeleza e espontáneiade que caracterizan as creacións do noso alumnado, os nenos e nenas de 5ºA recitan poesía coa temática do inverno e máis do Nadal.
MULLERES DESTACADAS
As nenas e nenos de 5º A recitan dous poemas biográficos dedicados a dúas mulleres singulares: Concepción Arenal e Maricastaña.
Estes dous poemas están incluídos no libro "Feminino singular, en plural" de Concha Blanco que é un canto agradecido a mulleres que loitaron individualmente e con moitos atrancos pola súa colectividade para intentar acadar unha sociedade máis afable, xusta e de igualdade entre mulleres e homes.
A GAITA
Tomé e Victor falan sobre a gaita.Victor, o pai de Tomé, alumno de 5ºB, concede ao seu fillo unha interesante entrevista onde nos fala sobre a importancia de valorar a nosa música e nos explica como empezou a tocar a gaita, como se toca e as súas partes para rematar tocando unha peza titulada "Aires de Pontevedra" de Ricardo Portela.
OUTONO E POESÍA
O outono inspira aos nenos e nenas de 4º que recitan, os seus versos divertidos, nesta estación tan especial que está a piques de rematar.
DÍA INTERNACIONAL EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO
O 25 de novembro é o día internacional contra a violencia de xénero.
Con este día búscase visibilizar e loitar contra a violencia exercida contra
as mulleres en todo o mundo, co obxectivo de aumentar o nivel de
concienciación sobre o problema e buscar solucións a través da educación. Os
nenos e nenas de 3º de primaria expresan os seus sentimentos despois de
dialogar e reflexionar sobre a violencia de xénero.
PAN DE MILLO
Os nenos e as nenas de 1º cantan e amasan. Tamén bailan. Pan de millo é unha bonita e alegre canción do grupo musical Migallas que nos indica o proceso de elaboración do pan de millo
DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA
O 20 de novembro de 2020 celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA co obxectivo de concienciar sobre a importancia de dar aos nenos e ás nenas a oportunidade de disfrutar da súa infancia e ao mesmo tempo que entendan que non todos os menores poden disfrutar das vantaxes de ser neno ou nena e denunciar os abusos que sufren en determinados países onde a súa realidade é moi dura: maltratos, violacións, traballo infantil, nenos militares... Neste día, os nenos e nenas de 2º curso recodan os seus dereitos fundamentais.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)