DÍA INTERNACIONAL EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO
PAN DE MILLO
Os nenos e as nenas de 1º cantan e amasan. Tamén bailan. Pan de millo é unha bonita e alegre canción do grupo musical Migallas que nos indica o proceso de elaboración do pan de millo
DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA
POESÍA DESDE PONTE NA RADIO POLO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
RICARDO CARVALHO CALERO
31 DE OUTUBRO DÍA DAS LETRAS GALEGA
31 DE OUTUBRO DE 2020
Por causa da crisis sanitaria que estamos a vivir e que impediu realizar as actividades programadas para conmemorar o 17 de maio, a Real Academia Galega decidiu retomar neste mes de outubro a celebración do día das Letras Galegas dedicadas a Ricardo Carvalho Calero. Finalmente tampouco puido ser por mor das restricións impostas para estas datas, pero decidimos igualmente dar visibilidade as actividades realizadas. Desde Biblioponte, recordamos neste día o RECITAL POÉTICO como homenaxe a Ricardo Carvalho Calero, feito desde o confinamento o 17 de maio.
A CASA ENCANTADA
Polo Samaín, Iker de 4º, le o libro de Kazuno Kohana, A CASA ENCANTADA. Unha divertida historia de fantasmas. Unha enorme e vella casa das aforas da cidade esconde unha terrorífica sorpresa. Pero...quen teme aos fantasmas? A protagonista do conto non.
Traducción ao galego feita polo alumnado de 6º
SAMAÍN 2020
Recomendacións lectoras polo Samaín. Libros de bruxas, de monstros, de esqueletos, de zombis, de arañas, de cabazas... Non deixes de ler os títulos que recomendamos desde a biblioteca, dan tanto medo que pasarás unha terrorífica noite de Samaín
PROTOCOLO COVID-19 BIBLIOTECA ESCOLAR
- Neste curso 2020/2021, un curso marcado pola dificil situación de pandemia que estamos a vivir, somos conscientes do reto que supón a realización das actividades na biblioteca, nun momento no que o prioritario é levar a cabo as medidas de seguridade, a pesar de todo, intentaremos que a nosa biblioteca siga sendo o espazo de referencia para o disfrute da lectura, a formación, a investigación, a información e as aprendizaxes.