Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo
Mostrando entradas con la etiqueta radio na biblio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta radio na biblio. Mostrar todas las entradas

VISITA DE ANTÍA YAÑEZ AO CLUB DE LECTURA. ENTREVISTA NO LABORATORIO DE RADIO.

 VISITA DE ANTÍA YÁÑEZ



O día 16 de xuño, tiñamos pensado ir ao CEIP Sagrado Corazón para coñecer o seu club de lectura, Palabras Infindas, e compartir coa autora de O MISTERIO DE PORTOMARÍN a nosa experiencia co libro. 
Finalmente, foron as rapazas e rapaces dese club amigo quen nos visitaron a nós. 
Foi xenial coñecer a Antía e ás compañeiras e compañeiros do Sagrado Corazón!




Tedes curiosidade por saber que nos contou Antía, non si?
Podedes escoitar a entrevista que lle fixemos no arquivo seguinte.
Así, coñeceredes un pouco mellor a esta grande escritora.

RADIO NA BIBLIO: FALAMOS DAS LETRAS GALEGAS 2025

 As alumnas e alumnos de 2ºB estiveron traballando na aula sobre as Letras Galegas, a poesía tradicional e a figura das cantareiras. Con moita ilusión regálannos o seu primeiro podcast no que dialogan en torno a este día tan especial para todas nós:

 


Bon traballo!!!

CELEBRAMOS o 8 de marzo. ENTREVISTAS ÁS NOSAS AVOAS. (RADIO)

 

Este curso, para reivindicar a igualdade e reflexionar sobre a situación da muller na sociedade, pedímoslles ás nosas alumnas e alumnos que entrevistasen ás súas avoas sobre os traballos que desenvolveron durante a súa vida e sobre como se organizaron para desenvolver eses traballos, ocuparse dos fillos e das tarefas da casa.

En primeiro lugar, todas as titorías traballaron nas aulas a temática e a estrurtura da entrevista.

Cada aula decidíu como desenvolvería esas entrevistas e como ides ver algúns decidiron facela por escrito, outros gravaron en vídeo e na aula de 5º de EP, aproveitando a formación que recibiron no Obradoiro de Radio na Biblio, fixeron PODCASTS.


Para presentarvos este fermoso traballo desevolto polo noso alumnado achegámosvos unha revista en PDF, un video e os PODCASTS elaborados:
REVISTA 8M

VÍDEO ENTREVISTAS 8M


PODCASTS


Moitas grazas a todas!!!

RADIO NA BIBLIO: Falamos de ROSALÍA DE CASTRO. Miña Casiña, Meu Lar.

Elena, Eire, Paula e Sira, alumnas de distintos niveis do centro, homenaxean a Rosalía falando sobre a súa persoa e especialmente sobre o poema "Miña Casiña, Meu Lar".

PONTE NA RADIO: PERSONAXES HISTÓRICOS DA PAZ

 

O 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. As nenas e nenos de 6º de EP investigaron sobre a vida de numerosos personaxes relacionados coa Paz Mundial e compartiron o seu traballo con nós a través deste interesante podcast. Non deixedes de escoitalo!!!


PONTE NA RADIO: PODCAST: LUISA VILLALTA E A LENDA DA TORRE DE HÉRCULES. LETRAS GALEGAS 23/24

 

O alumnado de 3ºB fixo unha tarefa de investigación sobre dous aspectos da vida de Luisa Villalta.

Por unha banda, a lenda da Torre de Hércules, emblema da cidade da Coruña, onde ela naceu.

Por outra banda, centrámonos nun aspecto máis persoal da escritora. A súa faceta de activista dentro do Movemento Nunca Máis, con motivo do afundimento do Prestige na costa galega.

Aquí vos deixamos o podcast: Luisa Villalta e a Lenda de Torre de Hércules:

DÍA DA RADIO, 13 de febreiro. OBRADOIRO RADIO NA BIBLIO.

 Como cada ano, en Biblioponte, queremos celebrar o día Mundial da Radio. Un medio de comunicación que leva máis dun século informando, entretendo e educando.

Para conmemorar este día, no CEIP da Ponte celebramos o noso OBRADOIRO DE RADIO NA BIBLIO coa axuda de Damián Alonso de Ponte Nas Ondas.

Durante toda a maña, Damián,  traballou con nós distintas apps para facer os nosos programas de radio como Audacity, aprendeunos a editar e facer distintos efectos, explicounos como mellorar a dicción e preparou con nós un programa de radio de variedades. Se queredes oír o ben que se nos deu... aquí vos deixamos algúns cachiños do programa e unhas fotos para que vexades o ben que o pasamos:



FORMACIÓN RADIO NA BIBLIO

O 21 e 28 de Abril as alumnas e alumnos de 5º de Primaria desfrutaron de dúas sesións formativas para seguir perfeccionando o noso coñecemento da radio. Na primeira sesión faláronnos das partes da enisora e de como se conectan os distintos elementos que a compoñen. A segunda sesión tratou sobre a creación de contidos para a nosa emisora. Traballamos co programa Audacity e fixemos prácticas en pequenos grupos. Aquí vos deixamos algunhas imaxes e videos das xornadas.

DÍA MUNDIAL DA RADIO 13 de febreiro

No Día da Radio queremos presentar aos nosos ointes a nosa particular homenaxe a Darío Xoan Cabana, escritor lucense que sempre amosou o seu cariño e fidelidade a nosa lingua e a nosa terra. Esta é a interpretación que fixeron as alumnas e alumnos de 6ºA do seu poema: MULLER LABREGA

O TREN DE MARTIÑO

En ponte na radio, Conto de Nadal interpretado polas nenas e nenos de 2º EP.