Xa estamos de volta!
Estamos seguras de que tivestes un verán boísimo e de que cargastes as baterías para axudarnos e acampañarnos na viaxe deste neste curso.
Como cada ano as titorías disporán dúnha hora para baixar á biblioteca e no tempo de lecer Biblioponte está sempre bulindo cos que vides a ler no noso novo sofá, a escoitar música, a argallar na zona de creatividade, xogos e construcións.
Moitas de vós xa andades a preguntar como facervos persoas voluntarias para colaborar nas tarefas de préstamo, organización,... As mochilas viaxeiras comezarán a súa andaina polas casas en breve e temos outras interesantes propostas que xa están dando os primeiros pasos:
- Iniciamos unha viaxe fantástica no CLUB DE LECTURA "Historias da Ponte Vella" que este ano, despois do éxito do ano pasado, arranca con dous grupos.
- As profes están xa artellando as actividades que desenvolveremos no noso PDI que este curso vai achegarnos a "O Camiño".
Como vedes en Biblioponte non hai tempo que perder. Colle folgos e agárrate a un libro!!!
Esperámoste en BIBLIOPONTE!!



