- Aprender a buscar, seleccionar e organizar información sobre o Camiño de Santiago utilizando diferentes fontes (libros, guías, mapas, recursos dixitais e testemuños orais).
- Fomentar a lectura comprensiva e crítica a través de textos informativos, lendas, contos e poemas vinculados á ruta xacobea.
- Iniciar no uso de ferramentas dixitais para a creación de contidos propios (presentacións, murais virtuais, podcasts ou mapas interactivos del Camiño).
- Valorar a biblioteca escolar como o espazo central de aprendizaxe, documentación e dinamización do proxecto.
Presentamos o noso PDI: "O Camiño de Santiago"
DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR, 24 OUTUBRO. A XUBILACIÓN DE BIBLIÓTICO!
Hoxe, 24 de outubro, celebramos o DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR, "O lema deste ano, "Contra a desinformación: bibliotecas", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais) na loita contra a desinformación."
Este día, tan especial para a biblioteca, é o día escollido por BIBLIÓTICO, a que foi a nosa máscota durante máis de 15 anos, para xubilarse e encargarlle ás nenas e nenos o DESEÑO da nova máscota.
Aquí vos deixamos a carta que Bibliótico lle enviou a todas as aulaS explicando a súa decisión e facendo o seu último encargo como mascota de Biblioponte:
SAMAÍN 25/ 26: III CONCURSO DE RELATOS ARREPIANTES NO CAMIÑO DE SANTIAGO
Boas, rapazada!
Como cada ano, cando se achega o Samaín, lanzamos o noso concurso de RELATOS ARREPIANTES. Xa estamos na 3ª edición e este ano esparamos que participedes todas e todos.
Como di nas bases, o relato será inédito e en galego. Este ano, o relato deberá estar ambientado no Camiño de Santiago. O alumnado de infantil pode presentar un debuxo ou unha banda deseñada arrepiante.
BOA VIAXE!!! Mochilas Viaxeiras 25/26
As nosas compañeiras de aventuras arrancan un ano máis a súa viaxe. Non han tardar moito en visitar a túa casa, así que vaille preparando un bon acomodo e disfruta coa túa familia.
Boa Viaxe, Mochilas Viaxeiras!!!
VISITAMOS A BIBLIOTECA:EI
As alumnas e alumnos de EI viñeron estes días coñecer a Biblioteca. Visitaron todos os recunchos e escoitaron moi atentos as normas de uso de cada espazo.
As mestras explicáronlles que todas as semanas van vir investigar e descubrir novos contos e, como non, desfrutar un ratiño da zona creativa, onde poden xogar coas construccións, escoitar música, debuxar e incluso iniciarse no mundo da costura.











