Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

ENTROIDO 2021

Neste Entroido tan especil, o alumnado de 4º de primaria dá lectura aos dous libros escritos por Ramón Veiga e ilustrados por David Sierra: E TEMPO DE ENTROIDO e NON PARE A FESTA. Coa lectura dos dous libros imos descubrindo distintos personaxes do entroido galego que se xuntan co propósito de montar troula, pois é tempo de festa, de mácaras, de filloas e de cocido. O Entroido é tempo de cantar e bailar e os AMIGOS DA MÚSICA gravaron unha canción alegre e divertida baseada no libro "Non Pare a festa" así ademais de ler tamén podemos cantar para descubrir distintos personaxes típicos do Entroido galego

DÍA MUNDIAL DA RADIO 2021

 O día 13 de febreiro, celebramos O DÍA MUNDIAL DA RADIO, unha efeméride proclamada pola ONU en 2012. O obxectivo principal deste día é concienciar ao público e aos medios de comunicación acerca da importancia da radio, convidando a reflexionar sobre o seu servizo para, entre moitas accións, combatir a desinformación e axudar ás necesidades da sociedade.

Desde a nosa biblioteca, e a proposta do colectivo radiofónico Rede Espora, queremos celebrar este día  coa gravación de entrevistas aos nosos maiores: pais, nais, avós, avoas, bisavós e bisavoas, sobre a presenza da radio nas súas vidas, contestando a dúas preguntas: Cando eras pequeno/a cal era o teu programa favorito? e onde escoitabas a radio?

 Así quedaron as nosas aportacións:

Paula e Pedro de 1º, Noa de 4º e Celia de 5ºB Enol de Educación Infantil de 5 anos, Ainhoa de 5ºB, Lola Penalonga de 2º e Alba de Educación Infantil de 3 anos  e Carla de 4º

Adriana de 2º, Irene de 4º, Sergio de 5ºA e Lara de Educación Infantil de 4 anos Diego de 3º, Selma de 4º, Iago de 5ºA, Noelia de 5ºB e Adrián de 3º Tomé de 5ºB, Ada de 4º e Xián de 2º  

 REDE ESPORA: 

 Hoxe, 13 de febreiro a UNESCO promove o Día Mundial da Radio, nós para festexalo imos facer unha viaxe no tempo, da man dos nosos maiores, de toda a xente que ao igual que todos nós, dende que eran pequenas estiveron acompañadas pola maxia da radio. Deixémonos levar durante uns minutos nesta máquina do tempo polas lembranzas das persoas que nos acompañan e nos queren e achegan as súas voces dende as catro provincias galegas desde os seguintes centros educativos: CPI Manuel Suárez Marquier no Rosal, CEIP Ramón de Valenzuela en Bandeira, CEIP Ben-Cho-Sey de Pereiro de Aguiar, CEIP Frian en Teis, CEIP Víctor Saénz en Mazaricos, CEIP da Torre Cela en Bueu, IES Valadares de Vigo, CEIP A Ponte de Lugo, CEIP Plurilingüe de San Benito de Lérez en Pontevedra e o CEIP Plurilingüe de Chancelas en Combarro.

 Con estas aportacións recompiladas por Rede Espora figuramos a nivel mundial na web da UNESCO

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

O día internacional da muller e a nena na ciencia, que se celebra cada ano o 11 de febreiro, foi aprobado pola Asamblea xeral das Nacións Unidas co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas e tamén para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e das nenas. Este día é un recordatorio de que as mulleres e as nenas desempeñan un papel fudamental nas comunidades de ciencia e tecnoloxía e que a súa participación debe fortalecerse. 

Para celebrar este día recordamos a científica MARIE CURIE que foi a primeira muller en recibir dous premios Nobel, en Física e Química e a primeira muller en ocupar o posto de profesora na Universidade de Paris. Elena e Noelia fan un repaso pola súa vida e obra. 

Tamén queremos visibilizar, novamente, os traballos realizados polo alumnado de 6º no mes de novembro, mes da ciencia, sobre mulleres científicas

SOLTA DE POMBAS

Como é tradición no noso centro, polo día da paz, tamén se fixo unha SOLTA DE POMBAS mensaxeiras, simbolo de paz, coa mensaxe de querer construír un mundo mellor, neste 30 de xaneiro de 2021, día de celebración do día escolar da paz e non violencia.

ABECEDARIO DA PAZ

ABECEDARIO DA PAZ. Para celebrar o día da paz e a non violencia, as nenas e os nenos de 2º de primaria, presentan un abecedario da paz con palabras de paz, amor, concordia, solidariedade...palabras e debuxos que representan o que nós podemos facer para construír un mundo mellor.

PAZ É...

 O 30 de xaneiro, celebramos o dia escolar da non violencia e a paz. As nenas e nenos de 2º de primaria reflexionan sobre o que é vivir en paz coa lectura do libro de Tood Paar O LIBRO DA PAZ

POLO DÍA DA PAZ, DI NON A...

Polo día da Paz decimos NON á violencia física, á violencia verbal, á violencia social, ao ciberacoso.

PREMIOS NOBEL DA PAZ

No día da Paz recordamos frases de Teresa de Calcuta, Martin Lhuter King, Yaser Arafat, Desmond Tutu, Dálai Lama, Lech Walesa, Nelson Mandela, Shirin Ebadi, Wangari Maathai, Malala Yousafzai...que son algunhas das personalidade que destacaron na defensa dos valores, da Paz e dos Dereitos Humanos aos que lle concederon o Premio Nobel da Paz, destacadas por dedicar décadas de esforzos infatigables por encontrar solucións pacíficas a conflictos, por impulsar a democracia, os dereitos humanos e fomentar o desenvolvemento económico e político.

A PAZ

 PAZ é viaxar a moitos lugares. PAZ é dar calor. PAZ é que todo o mundo teña un fogar... Para celebrar o DÍA DA PAZ as nenas e os nenos de 1º de primaria fan un repaso por todas as accións cotidiáns que cando se dan, constitúen un entorno de PAZ.

LIBROS DE PAZ

O día 30 de xaneiro  celebramos  o DÍA DA PAZ dedicado a conmemorar unha cultura de non violencia e de paz que permita ao noso alumnado adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforcen o seu desenvolvemento como ciudadáns críticos e comprometidos cos seus dereitos e cos dos demais. Na nosa biblioteca temos unha selección de libros que tratan sobre a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos... a disposición de toda a comunidade educativa.