Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

DÍA MUNDIAL DA RADIO 2021

 O día 13 de febreiro, celebramos O DÍA MUNDIAL DA RADIO, unha efeméride proclamada pola ONU en 2012. O obxectivo principal deste día é concienciar ao público e aos medios de comunicación acerca da importancia da radio, convidando a reflexionar sobre o seu servizo para, entre moitas accións, combatir a desinformación e axudar ás necesidades da sociedade.

Desde a nosa biblioteca, e a proposta do colectivo radiofónico Rede Espora, queremos celebrar este día  coa gravación de entrevistas aos nosos maiores: pais, nais, avós, avoas, bisavós e bisavoas, sobre a presenza da radio nas súas vidas, contestando a dúas preguntas: Cando eras pequeno/a cal era o teu programa favorito? e onde escoitabas a radio?

 Así quedaron as nosas aportacións:

Paula e Pedro de 1º, Noa de 4º e Celia de 5ºB Enol de Educación Infantil de 5 anos, Ainhoa de 5ºB, Lola Penalonga de 2º e Alba de Educación Infantil de 3 anos  e Carla de 4º

Adriana de 2º, Irene de 4º, Sergio de 5ºA e Lara de Educación Infantil de 4 anos Diego de 3º, Selma de 4º, Iago de 5ºA, Noelia de 5ºB e Adrián de 3º Tomé de 5ºB, Ada de 4º e Xián de 2º  

 REDE ESPORA: 

 Hoxe, 13 de febreiro a UNESCO promove o Día Mundial da Radio, nós para festexalo imos facer unha viaxe no tempo, da man dos nosos maiores, de toda a xente que ao igual que todos nós, dende que eran pequenas estiveron acompañadas pola maxia da radio. Deixémonos levar durante uns minutos nesta máquina do tempo polas lembranzas das persoas que nos acompañan e nos queren e achegan as súas voces dende as catro provincias galegas desde os seguintes centros educativos: CPI Manuel Suárez Marquier no Rosal, CEIP Ramón de Valenzuela en Bandeira, CEIP Ben-Cho-Sey de Pereiro de Aguiar, CEIP Frian en Teis, CEIP Víctor Saénz en Mazaricos, CEIP da Torre Cela en Bueu, IES Valadares de Vigo, CEIP A Ponte de Lugo, CEIP Plurilingüe de San Benito de Lérez en Pontevedra e o CEIP Plurilingüe de Chancelas en Combarro.

 Con estas aportacións recompiladas por Rede Espora figuramos a nivel mundial na web da UNESCO

 

0 comentarios: