Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

Contarte

A concellería de Educación do Concello de Lugo en colaboración coa editorial OQO trae á nosa biblioteca unha campaña de animación á lectura e á plástica creativa.
Os alumnos e alumnas de 2º curso leron o título PAXARIÑOS DE LA E FOLLAS SECAS, con él, intentaron dotar a cada obxecto da caixa, de atributos e historias e crear mundos a partir do que nos suxira cada elemento, abondará para descubrir o universo de afectos que enchen “A caixa de recordos”.
Os alumnos e alumnas de 5º leron: HISTORIAS DE CARTÓN, nesta ocasión a través da arte, preténdese axudar a comprender a realidade e construír “visións” e “versións”, tomando como referencia a proposta literaria e plástica do álbum “Caixa de cartón”, achegándonos a unha das realidades máis duras da sociedade actual: a inmigración.

2 comentarios:

Bibliobaralla dijo...

Fermosa maneira de potenciar a lectura. No noso humilde blogue tedes un agasallo para vós.

biblioponte dijo...

Graciñas por visitarnos e polo voso agasallo.