Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

PONTE NA RADIO: PROXECTO MEDIO AMBIENTE

Niste novo programa de Ponte na radio, o alumnado de 5º de Educación Infatil xunto coa súa profe Rosa Mª Guerra e a alumna de prácticas María Aída García Rego desenvolveron un interesante proxecto sobre o MEDIO AMBIENTE, que quedou plasmado nun emotivo e espontáneo programa de radio onde as nenas e os nenos expresaron todo o que aprenderon sobre os distintos tipos de enerxías, a reciclaxe e o que hai que facer para conseguir un mundo mellor. 
 
 Tamén participaron,dirixidos pola súa profe Rosa María Guerra Sánchez, nun obradoiro de Reciclado de papel. As nenas e os nenos a partir de papel de periódico, fixeron o seu propio papel, que unha vez seco utilizaron para facer debuxos de árbores e así concienciarse da importancia que ten o reciclado para o coidado do medio ambiente e polo tanto do noso entorno.

 

PONTE NA RADIO: XELA ARIAS

Polo día das Letras Galegas 2021, este ano dedicado a Xela Arias, o alumnado de 6º de primaria fixo un traballo sobre a vida e obra da homenaxeada que quedou plasmado nun pequeno programa na nosa radio escolar, "Ponte na Radio"

 

POESÍA POLO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

A poesía de Rosalía de Castro, sempre presente no día das Letras Galegas. Adiós ríos, adiós fontes... un dos seus poemas máis coñecidos, recitado por Manuel e Noelia de 5º

O ALUMNADO DE 4 ANOS NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Os nenos e as nenas de educación infantil de 4 anos, para celebrar a semana das Letras Galegas, fan debuxos baseados na obra de XELA ARIAS que gañou o premio de O Facho cando tiña once años, titulada "A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia

O ALUMNADO DE 5 ANOS CANTA O HIMNO GALEGO POLO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Para celebrar o día das Letras Galegas o alumnado de 6º de Educación Infantil canta o HIMNO GALEGO, primeiro no patio e despois na biblioteca. A letra da canción é o poema titulado Os pinos escrito por Eduardo Pondal que forma parte da súa obra "Queixumes dos pinos" e a música foi composta polo músico galego Pascual Veiga.

Tamén cada nena e cada neno fixo un pequeno libro para coñecer un pouco da vida e obra de XELA ARIAS, autora homenaxeada por este día das Letras Galegas 2021 

 

XELA ARIAS

 Letras Galegas 2021

Traballo de investigaciòn sobre a vida e obra de Xela Arias ilustrado polo alumnado de 5º e 6º de primaria 

Ademais a presentación oral polo alumnado, primeiro, de 1º de primaria e a continuación polo de 6º de primaria

PRESENTACIÓN DE XELA ARIAS EN GENIALLY

Presentación en Genially de XELA ARIAS. A primeira para 4º, 5º e 6º e a Ruleta das palabras para comprobar canto sabemos da poeta á que se lle deica o día das letras galegas 2021. A segunda presentación para 1º, 2º e 3º

OS MAIOS

Os maios é unha festa popular galega para festexar a chegada da primavera e o final do inverno con cantos e con creativas construccións vexetais