Niste novo programa de Ponte na radio, o alumnado de 5º de Educación Infatil xunto coa súa profe Rosa Mª Guerra e a alumna de prácticas María Aída García Rego desenvolveron un interesante proxecto sobre o MEDIO AMBIENTE, que quedou plasmado nun emotivo e espontáneo programa de radio onde as nenas e os nenos expresaron todo o que aprenderon sobre os distintos tipos de enerxías, a reciclaxe e o que hai que facer para conseguir un mundo mellor.
Tamén participaron,dirixidos pola súa profe Rosa María Guerra Sánchez, nun obradoiro de Reciclado de papel. As nenas e os nenos a partir de papel de periódico, fixeron o seu propio papel, que unha vez seco utilizaron para facer debuxos de árbores e así concienciarse da importancia que ten o reciclado para o coidado do medio ambiente e polo tanto do noso entorno.
0 comments:
Publicar un comentario