En todas as aulas traballamos sobre a vida e a obra de Florencio e, finalmente, o 12 de maio fixemos unha xornada festiva coas Nosas Letras como convidadas especiais.
A cousa foi que nos gustou tanto a xornada de apadriñamento lector que decidimos repetila, pero con contos en Galego. Nesta ocasión non só os maiores leron contos, tamén os máis pequenos elexiron un conto en galego para contarlle á súa madriña ou padriño.
Ademais, os maiores do cole faláronlles aos máis pequenos sobre a vida de Florencio Delgado Gurriarán.
GALICIA INFINDA, Florencio Delgado Gurriarán ( alumnas e alumnos de 3ºEP)
Aquí vos deixamos unha escolma de imaxes da xornada:
Á volta da ponte das Letras Galegas as alumnas e alumnos de 3º e 6º fixeron gravacións sobre a vida de Florencio e tamén recitaron algúns dos seus poemas.
Poderedes escoitalos nas seguintes entradas do Blog.
No hay comentarios:
Publicar un comentario