Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

RELATOS CURTOS POLO SAMAÍN

No taller de escritura creativa, o alumnado deu campo libre á súa imaxinación e á creación escribindo relatos de terror, de medo, de seres extraordinarios...fantaseando e tirando do fío conductor que arrastra aos personaxes creados a vivir aventuras fantásticas. Os nosos alumnos e alumnas convertíronse en escritores e escritoras por un día.




CONTACONTOS POLO SAMAÍN

 O alumnado de 6º de primaria encheu a biblioteca  de contos, contos de bruxas, contosde fantasmas, contos de ogros, contos de seres vidos do Alén para asustar e para divertir pero tamén para fomentar o gusto pola lectura e sementar a inquietude de descubrir historias fantasticas, extraordinarias e marabillosas. Disfrutaron os nenos e nenas pero tamén os adultos.






CORRE CORRE, CABACIÑA

Alex Zas Gómez conta aos nenos e nenas de Educación Infantil e 1ª e 2º de primaria, o conto CORRE CORRE, CABACIÑA adaptado e traducido por Eva Mejuto , ilustracións de André Letria e publicado pola editorial OQO.
Este conto popular portugués conta a historia dunha velliña, que de camiño ao casamento da neta, atopa un lobo, un oso e un león que a queren comer....
Quen estará dentro da  cabaza facendo burla das tres feras?

O NOSO SAMAÍN

O NOSO SAMAÍN é un novo libro escrito por Loretta Birot Bermejo con ilustracións de Nuria Valdeón Balsas e publicado pola editorial Galaxia co obxectivo de explicarlles aos nenos e nenas de Galicia a fecunda tradición galega relacionada co nacemento do outono e crenzas que veñen, probablemente da época prerromana.
A autora considera que é moi importante que os nenos e nenas sepan que a tradición dos calacús e do contacto entre vivos e mortos é tamén galega e que se coñece co nome de Samaín.
A celebración ten máis de 3000 anos e está tamén na orixe de Halloween, pois chegou a Norteamérica a través de un pobo emigrante e celta como é o irlandés.
Trátase, polo tanto, de que os nenos e as nenas comprendan a diferencia entre o recuperado Samaín e o ascendente Halloween norteamericano


DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR 2016

O día 24 de outubro, celebramos o día da Bilioteca realizando e visionando este vídeo con fotos  dalgunhas das actividades que realizamos na biblioteca ao longo do curso.

O día da bilbioteca celébrase nesta data en recordo da destrucción da biblioteca de Sarajevo, incendiada en 1992. Todas as bibliotecas albergan grandes tesouros e destruilas ou non protexelas é unha traxedia inmensa.

Polo tanto é moi importante dalas a coñecer, abrir as súas portas, mostrar os seus rincóns máis escondidos, extraer os libros dos sus andeis e poñelos nas mans dos lectores e lectoras.

LER PARA MEDRAR

O alumnado de Educación Infantil empeza co programa de animación lectora "LER PARA MEDRAR"Cada neno e cada nena leva na súa maletiña viaxeira libros de contos  e de información xeral, unha revista infantil e material audiovisual para compartir coas familias. A bibliomaleta inclúe tamén a folla de presentación da campaña e consellos  aos pais e ás nais para fomentar o hábito lector e o gusto pola lectura desde a casa.





MOCHILAS VIAXEIRAS

Un ano máis xa están en marcha as MOCHILAS VIAXEIRAS. Esta actividade de animación á lectura, consiste no préstamo temporal de libros e material audiovisual para compartir e disfrutar coas familias.







BIBLIOTECA ESCOLAR TERRITORIO DAS ARTES

 
BIBLIOTECA ESCOLAR TERRITORIO DAS ARTES é o lema escollido este curso dende a Consellería de Cultura e Educación para as bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. A autora da ilustración é Minia Regos e convida a explorar formulas para espertar nos lectores e nas lectoras o interese por achegarse ao mundo das artes e poder experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, o teatro, a literatura, a escultura e as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos)

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ


Agustín Fernández Paz naceu en Vilalba (Lugo) en 1947, morreu en Vigo o 11 de xullo de 2016. Foi profesor e tamén escritor en galego. Recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil pola obra "O único que queda é o amor".
Agustín Fernández Paz, defensor do idioma e da educación,  escríbía para cambiar o mundo, para afianzar a fala, para facer pensar e sentir. Os seus engaiolantes libros están na nosa biblioteca para disfrute do alumnado e do profesorado, sendo o noso  favorito "Cartas de inverno" lido en repetidas ocasións no club de lectura do noso centro.