Paco Nogueiras canta pero tamén conta fermosas historias:
"A árbore da escola" conta a relación entre un neno e unha pequena árbore que vai medrando no patio do colexio grazas ao agarimo que recibe do rapaz e o afecto doutros compañeiros que seguen o seu exemplo.
"A merliña"conta a historia dunha merla que coidaba dos seus cinco merliños, pero un día pasou por alí unha raposa á que, nada máis velos, lle entraron unhas gañas tremendas de papalos...
"A última carta" conta unha historia que transcorre nunha fermosa illa mediterránea cuxos habitantes teñen a fortuna de contar con un amable carteiro. O seu último día de traballo será inolvidable. Unha entrañable e emotiva homenaxe ao vello oficio de repartir cartas.
Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo
PACO NOGUEIRAS
Onte, día 13 de febreiro, estivo, na nosa biblioteca, PACO NOGUEIRAS, actor, músico e narrador, ofrecéndonos unha divertida e amena sesión chea de música e contos.
POEMAS DE AMOR
Recitando poemas do libro "O LIBRO DOS BICOS" de Xosé Luna Sanmartín
Gisela, Alex González, Micaela, Pablo e Brian recitan poemas cheos de emoción, paixón e vida e reparten bicos que nos conquistan e consolan. O autor con estes versos consigue espallar bicos agochados nos versos.
RECITAL DE POEMAS PARA A PAZ
A través da educacdión, contribuimos á concienciación de todos na construcción dun mundo mellor, un mundo máis xusto e máis humano que permita que todos os individuos teñan a mesma oportunidade de desenvolver plenamente as súas facultades nunha sociedade democrática, libre, mista, responsable e en paz
MURAL DA PAZ
Todo o centro participou na elaboración do mural da PAZ. O obxectivo é a educaión en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos dereitos humanos, a non violencia e a paz.
CANTAROLA DOS NENOS DE XOSÉ NEIRA VILAS
O día 30 de xaneiro celebramos no noso centro o día da paz, entre outros actos, houbo un recitado de pomas para a paz por parte de todo o alumnado do centro; neste caso os nenos e nenas de 2º curso de primaria recitan un poema de Xosé Neira Vilas titulado "Cantarola dos nenos"
Suscribirse a:
Entradas (Atom)