Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo
CONTACONTOS
Desde a editorial kalandraka chegaron á nosa biblioteca, Sara e Alex, cunha maleta chea de contos e cargados de instrumentos musicais para contar e cantar preciosas historias como "Frederick", "A horta de Simón" e "Un máis"
CONTACONTOS POLO DÍA DA PAZ
Ana, Yaiza e Lucía, alumnas de 5º de Primaria len aos máis pequeniños do cole o LIBRO DA PAZ traducido ao galego.
Este libro de Todd Parr está cheo de mensaxes de aceptación, comprensión e paz
"A paz é ver caer a neve".....
"A paz é ver caer a neve".....

DÍA DA PAZ 2018
O día da paz é unha oportunidade para convertirnos en instrumentos de paz e de entendimento entre diferentes tipos de persoas, para desenvolver capacidades e as competencias necesarias para unha participación activa na construcción dun mundo mellor, un mundo máis xusto e máis humano que permita que todos os nenos e nenas teñan a mesma oportunidade de desenvolver plenamente as súas facultades nunha sociedade democrática, libre, xusta, responsable e en paz.
da paz 2018
Suscribirse a:
Entradas (Atom)