Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

LIBROS PARA NAMORAR

O 14 de febreiro é unha data para celebrar o noso amor polos libros e ler e descubrir historias de amor, amor de todo tipo e en todo tipo de textos, contos, poesía, teatro...ademais dos libriños de poemas escritos polo alumnado. Por este motivo temos unha exposición de libros de amor, seleccionados de entre os moitos títulos que hai nos andeis da nosa biblioteca. Estos títulos son recomendacións que chegan ao corazón para ler sós ou en compañía.  


DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

O día internacional da Muller e da nena na ciencia celébrase o 11 de febreiro, foi proclamado en 2015 pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas coa finalidade de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e das nenas. Por iso esta semana queremos dedicar o libro da nosa biblioteca: MULLERES DE CIENCIA, ás nenas que queren ser inventoras, inxeñeiras e científicas e ás grandes mulleres que xa foron protagonistas a través da historia, para amosar tanto ás nenas como aos nenos que hai grandes mulleres que deixaron a súa pegada e cambiaron a forma en que vemos o mundo desde a física, o espazo ou o fondo do océano.

MULLERES DE CIENCIA, de Rachel Ignotofsky, é un álbum ilustrado de mulleres pioneiras na ciencia. Este libro presenta cincuenta mulleres que destacan en campos como a ciencia, a tecnoloxía, a inxeñería e as matemáticas, tanto na antigüidade como nos nosos tempos. Mulleres tan coñecidas como Marie Curie ou menos coñecidas como Katherine Johnson, matemática afroamericana que calculou a traxectoria da misión do Apolo XI á lúa.En "Mulleres de ciencia" encontramos os logros das mulleres intrépidas que prepararon o camiño para a próxima xeración de mulleres inxeñeiras, biológas, matemáticas, médicas, astronautas, físicas...

DÍA DA PAZ

O día da PAZ celébrase o 30 de xaneiro para recordar a norte do pacifista indio MAHAMA GANDHI que loitou polos dereitos do seu pobo para conquistar un mundo no que sexa posible a liberdade, a xustiza social, os dereitos humanos e a paz.
Coas nosas actividades, poesía e música, queremos transmitir mensaxes de paz, de non violencia e sementar ideas de diálogo, de solidariedade, de igualdade e de paz.

CANTANDO POLA PAZ: "CHEA DE VIDA"

ILUMINEMOS O MUNDO CO DIÁLOGO A TOLERANCIA E A PAZ

O mural realizado por todo o centro ten como lema: ILUMINEMOS O MUNDO CO DIÁLOGO A TOLERANCIA E A PAZ. Cada neno e cada nena do centro tenta iluminar o ceo con unha estrela, una estrela con unha mensaxe de paz, de amor, de solidariedade, de tolerancia...coa intención de procurar una educación inspirada no diálogo a tolerancia a non violencia e a paz, que permita ao noso alumnado adquirir coñecemntos, actitudes e competencias que reforcen o seu desenvolvemento como persoas críticas e comprometidas cos seus dereitos e os de outras persoas.



LIBROS DE PAZ

Entre as actividades que realizamos para celebrar o día da paz está unha exposición de libros tanto para o alumnado como para o profesorado que nos axudan a recordar a necesidade da educación para a tolerancia a solidariedade, o respecto aos dereitos humanos, a non violencia e a paz