Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

CONTACONTOS POLO DÍA DA PAZ

A concienciación da igualdade de xénero e a prevención das violencias machistas dende a escola son os obxectivos a conseguir co conto NON MÁIS PRINCESAS, que disfrutamos polo día da PAZ.
 "Hai algo máis aburrido que ser unha princesa rosa" é o comenzo deste conto que desmitifica os estereotipos de xénero, cunha protagonista que non quere ser princesa, nin vestir de rosa, nin seguir imposicións por cuestións de xénero.   





CONTOS NO KAMISHIBAI POLO NADAL

Os nenos e as nenas de 6º contan contos ao resto dos compañeiros e compañeiras do cole no teatriño xaponés, Kamishibai. Pola biblioteca pasaron os distintos cursos a escoitar o  conto do Apalpador e tamén contos populares adaptados e ilustrados polo alumnado

Para ver o vídeo pica no enlace

BIBLIÓTICO REPARTE GUÍAS DE LECTURA 2019

Bibliótic@, a mascota da biblioteca, reparte guías de lectura polo Nadal 2019

Para ver o vídeo pica no enlace

PREPARANDO O NADAL

Xa é tempo de Nadal e a nosa biblioteca énchese de libros para disfrutar, para compartir, para mirar, para comentar, para recomendar, para regalar...


AS FROITAS. CALENDARIO 2020 DO COLECTIVO ESTIÑO

 As Froitas é a temática do calendario do Colectivo estiño para o ano 2020. Este calendario realizado de xeito colaborativo  por 27 centros educativos de Galicia ten como obxectivo realizar traballos de investigación en torno ao tema proposto que quedarán recollidos na revista escolar Miuzallas e de forma plástica no calendario de cada ano.


MURAL POLO DÍA INTERNACIONAL EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro celebramos o día internacional en contra da violencia de xénero en memoria das irmás Mirabal, tres activistas políticas da República Dominicana que foron brutalmente asasinadas en 1990 por orde do gobernante dominicano Rafael Trujillo.
O noso mural, feito coas nosas mans, está cheo de mensaxes reclamando igualdade e un mundo mellor, libre de violencia contra as mulleres e as nenas. 

CONTACONTOS POLO SAMAÍN


Sabendo que o que máis medo nos dá é o que imaxinamos, nenos e nenas de 6º B escolleron as lecturas máis terroríficas da biblioteca para contar a todos os nenos e nenas do cole e pasar na biblioteca un pouco de medo...Fantasmas, bruxas, ogros, monstros, esqueletos, morcegos, vampiros...foron protagonistas das historías que tan ben nos contaron e tanto nos asustaron.

PARA POÑER OS PELOS DE PUNTA!

Para poñer os pelos de punta! son os contos que contaron na biblioteca para celebrar o Samaín: Uxía, Aroa, Aitana, Nerea, Alice, David, Rubén e Ismael:
Onde viven os monstros. Maurice Sendak.
Casa encantada. Kazuno Kohara
Sacapenas. Anthony Browne.
Cousas de bruxa. Marta Sevilla 
Os esqueletos divertidos. Janet e Allan Ahlberg.
A bruxa regañadentes. Tina Meroto.
A figueira de pelostortos. Ana García Castellano.
A min non me comas! Margarita del Mazo.
Barbazul. Perrault (Adaptación de Tereixa Alonso)