Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo
DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA
Hoxe, día 11 de febreiro, na nosa bilioteca, celebramos o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, coa lectura da vida da premio Nobel de física en 1903 e de Química en 1911, Marie Curie, co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas

RATOS DE VIAXE
Sara e Alex cantan divertidas rimas para contar as aventuras dos ratos que cargados de equipaxe e viaxando en caravana van á praia. Está escrito por Oli e ilustrado por Natalia Colombo.
CONTACONTOS
Sara e Alex chegaron á nosa biblioteca cargados de libros e de instrumentos musicais para deleitarnos cunha sesión de contos na que diferentes animais e o respecto ao entorno e á natureza tiveron todo o protagonismo. Diferntes contos contados e cantados conformaron esta actividade para os nenos e as nenas de 1º e 2º de primaria.
LECTURAS DE PAZ
Coincidindo coa conmemoración da morte do pacifista Mahatma Gandhi, fai máis de 40 anos declarouse o 30 de xaneiro como día Escolar da Paz. Neste día tratamos de promover a través da educación e da lectura, a concienciación de todos e todas na construcción dun mundo mellor, máis xusto, máis humano.
Propoñemosche unha serie de libros relacionados coa PAZ E A NON VIOLENCIA que están na biblioteca
CONTACONTOS POLO DÍA DA PAZ
A concienciación da igualdade de xénero e a prevención das violencias machistas dende a escola son os obxectivos a conseguir co conto NON MÁIS PRINCESAS, que disfrutamos polo día da PAZ.
"Hai algo máis aburrido que ser unha princesa rosa" é o comenzo deste conto que desmitifica os estereotipos de xénero, cunha protagonista que non quere ser princesa, nin vestir de rosa, nin seguir imposicións por cuestións de xénero.
CONTOS NO KAMISHIBAI POLO NADAL
Os nenos e as nenas de 6º contan contos ao resto dos compañeiros e compañeiras do cole no teatriño xaponés, Kamishibai. Pola biblioteca pasaron os distintos cursos a escoitar o conto do Apalpador e tamén contos populares adaptados e ilustrados polo alumnado
Para ver o vídeo pica no enlace
Para ver o vídeo pica no enlace
BIBLIÓTICO REPARTE GUÍAS DE LECTURA 2019
Bibliótic@, a mascota da biblioteca, reparte guías de lectura polo Nadal 2019
Para ver o vídeo pica no enlace
Para ver o vídeo pica no enlace
Suscribirse a:
Entradas (Atom)