Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo
LIBROS QUE NAMORAN
Nesta data especial queremos celebrar o noso amor polos libros. A nosa biblioteca está cargada de historias que chegan ao corazón. Historias de amor a pais, nais, amigos, amigas, irmáns, irmás, avós, avoas...que terán o poder de emocionarte e de que che entren moitas gañas de seguir lendo. Aquí tes unha selección dalgúns títulos que seguro che gustarán
DÍA MUNDIAL DA RADIO
O día 13 de febreiro conmemoramos é o día mundial da radio recordando que estamos poñendo a andar un proxecto de radio na biblo chamado PONTE NA RADIO. Xa temos o equipamento técnico montado e os guións radiofónicos en marcha esperando a segunda sesión de formación para facer realidade o noso proxecto.
A radio é imaxinación, información, sons, palabras, música...é unha fonte de vivencias que une á xente na súa diversidade. É un medio de comunicación igualitario, democratizador que chega a todo tipo de sectores, que permite que todo o mundo se sinta representado e poida ser escoitado.
DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA
Hoxe, día 11 de febreiro, na nosa bilioteca, celebramos o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, coa lectura da vida da premio Nobel de física en 1903 e de Química en 1911, Marie Curie, co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas

RATOS DE VIAXE
Sara e Alex cantan divertidas rimas para contar as aventuras dos ratos que cargados de equipaxe e viaxando en caravana van á praia. Está escrito por Oli e ilustrado por Natalia Colombo.
CONTACONTOS
Sara e Alex chegaron á nosa biblioteca cargados de libros e de instrumentos musicais para deleitarnos cunha sesión de contos na que diferentes animais e o respecto ao entorno e á natureza tiveron todo o protagonismo. Diferntes contos contados e cantados conformaron esta actividade para os nenos e as nenas de 1º e 2º de primaria.
LECTURAS DE PAZ
Coincidindo coa conmemoración da morte do pacifista Mahatma Gandhi, fai máis de 40 anos declarouse o 30 de xaneiro como día Escolar da Paz. Neste día tratamos de promover a través da educación e da lectura, a concienciación de todos e todas na construcción dun mundo mellor, máis xusto, máis humano.
Propoñemosche unha serie de libros relacionados coa PAZ E A NON VIOLENCIA que están na biblioteca
Suscribirse a:
Entradas (Atom)