Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

LIBROS POLO DÍA DA MULLER

Para reivindicar os dereitos  das mulleres baixo o lema "Son da xeración da igualdade: Polos dereitos das mulleres" propoñemos diversas e variadas lecturas en prol da igualdade, para concienciar e incidir en que as pequenas accións poden xeral grandes repercusións cara o mundo igualitario que merecemos.


DÍA DA MULLER

Traballamos todo o curso en prol dunha igualdade efectiva na nosa sociedade, formando cidadanía crítica e para conmemorar o DÍA DA MULLER realizamos diversas actividades para apoiar a igualdade e o empoderamento, en este caso, recordamos as figuras de Roslía de Castro e de Concepción Arenal, por ser exemplos de loita por conseguir a IGUALDADE






ANXO MOURE, O BARQUEIRO DO MIÑO

Anxo Moure, o barqueiro do Miño, estivo no noso centro coa intención de divulgar a xeografía da conca fluvial e sensibilizar aos nenos e ás nenas sobre a correcta xestión dos recursos. Foi unha sesión moi divertida e moi didáctica centrada en dar a coñecer mellor o noso río e o seu coidado ademais de indicar a importancia da auga e do coidado da natureza. Acompañado de dúas barcas típicas do Miño, a Barca da Pousa e o Batuxo, levounos a coñecer os distintos lugares por onde pasa o Miño, dende onde nace ata onde desemboca e os seus habitantes: peixes, xacias...





DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O 24 de febreiro a escritora e poeta galega ROSALÍA DE CASTRO está de cumpreanos, serían 183, e para celebralo recitamos os seus poemas cheos de valentía e reivindicación pero tamén de gracia e de saudade
Duarte, Xoel, Xenxo e Denisa recitan os seus poemas


O TEMA DO CAMBIO CLIMÁTICO POLO ENTROIDO




O tema do Entroido
é o cambio climático
pois temos o planeta
botando fume a diario

Un mundo mellor
queremos conseguir
inplicándonos todos
para non o destruír

Coidar a vida na Terra
é fácil de lograr
se todos e todas nos concienciamos
de que é o noso fogar

Se nós queremos
o conseguiremos
está en nós o valor
de ter un futuro mellor

POEMAS DE AMOR



LIBROS QUE NAMORAN

Nesta data especial queremos celebrar o noso amor polos libros. A nosa biblioteca está cargada de historias que chegan ao corazón. Historias de amor a pais, nais, amigos, amigas, irmáns, irmás, avós, avoas...que terán o poder de emocionarte e de que che entren moitas gañas de seguir lendo. Aquí tes unha selección dalgúns títulos que seguro che gustarán



DÍA MUNDIAL DA RADIO

O día 13 de febreiro conmemoramos é o día mundial da radio recordando que estamos poñendo a andar un proxecto de radio na biblo chamado PONTE NA RADIO. Xa temos o equipamento técnico montado e os guións radiofónicos en marcha esperando a segunda sesión de formación para facer realidade o noso proxecto.
A radio é imaxinación, información, sons, palabras, música...é unha fonte de vivencias que une á xente na súa diversidade. É un medio de comunicación igualitario, democratizador que chega a todo tipo de sectores, que permite que todo o mundo se sinta representado e poida ser escoitado.