Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

A PAZ

 PAZ é viaxar a moitos lugares. PAZ é dar calor. PAZ é que todo o mundo teña un fogar... Para celebrar o DÍA DA PAZ as nenas e os nenos de 1º de primaria fan un repaso por todas as accións cotidiáns que cando se dan, constitúen un entorno de PAZ.

LIBROS DE PAZ

O día 30 de xaneiro  celebramos  o DÍA DA PAZ dedicado a conmemorar unha cultura de non violencia e de paz que permita ao noso alumnado adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforcen o seu desenvolvemento como ciudadáns críticos e comprometidos cos seus dereitos e cos dos demais. Na nosa biblioteca temos unha selección de libros que tratan sobre a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos... a disposición de toda a comunidade educativa. 



 

PODCAST: PAN DE MILLO

As nenas e os nenos de 1º de primaria participan na bonita experienia de gravar un podcast na radio escolar do centro PONTE NA RADIO. O tema escollido foi o contido dunha canción  titulada "Pan de millo". A través da radio escolar podemos traballar tanto a nivel individual como grupal, moitas habilidades e competencias: lingüísticas, artísticas, musicais...utilizando a forma de podcast que consiste en compartir arquivos de audio de corta duración. 



APRENDENDO DO NOSO ENTORNO

As nenas e os nenos de 1º de primaria teñen múltiples oportunidades para descubrir e aprender do noso entorno, observando, compartindo, relacionándose, interactuando, investigando, explorando, respectando... O noso entorno é unha escola de aprendizaxe para lograr mellores persoas, máis respectuosas cos demais e con outros seres vivos (o mundo animal e o vexetal). Só o saber, o coñecemento e o sentimento nos fan espíritus críticos. Temos a posibilidade de desenvolver todo o noso potencial personal a través das diferentes experiencias que nos facilita o entorno.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 2020

O Nadal é un tempo para viaxar coa mente, o corazón e a imaxinación e podémolo facer con LIBROS, libros para disfrutar, para experimentar, para entender mellor aos demais e tamén para agasallar. Aquí vos deixamos, en esta pequena guía, algunhas recomendacións lectoras para este tempo de Nadal.

POEMAS DE NADAL

Coa chegada do inverno, chega tamén o Nadal. Choiva, vento, neve, ás veces sol, festividades, sirven de inspiración para expresar os nosos sentimentos, para compoñer e recitar vesos. Coa sinxeleza e espontáneiade que caracterizan as creacións do noso alumnado, os nenos e nenas de 5ºA recitan poesía coa temática do inverno e máis do Nadal.

MULLERES DESTACADAS

As nenas e nenos de 5º A recitan dous poemas biográficos dedicados a dúas mulleres singulares: Concepción Arenal e Maricastaña. Estes dous poemas están incluídos no libro "Feminino singular, en plural" de Concha Blanco que é un canto agradecido a mulleres que loitaron individualmente e con moitos atrancos pola súa colectividade para intentar acadar unha sociedade máis afable, xusta e de igualdade entre mulleres e homes.

A GAITA

Tomé e Victor falan sobre a gaita.Victor, o pai de Tomé, alumno de 5ºB, concede ao seu fillo unha interesante entrevista onde nos fala sobre a importancia de valorar a nosa música e nos explica como empezou a tocar a gaita, como se toca e as súas partes para rematar tocando unha peza titulada "Aires de Pontevedra" de Ricardo Portela.

OUTONO E POESÍA

O outono inspira aos nenos e nenas de 4º que recitan, os seus versos divertidos, nesta estación tan especial que está a piques de rematar.

DÍA INTERNACIONAL EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro é o día internacional contra a violencia de xénero. Con este día búscase visibilizar e loitar contra a violencia exercida contra as mulleres en todo o mundo, co obxectivo de aumentar o nivel de concienciación sobre o problema e buscar solucións a través da educación. Os nenos e nenas de 3º  de primaria expresan os seus sentimentos despois de dialogar e reflexionar sobre a violencia de xénero.