Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

25 DE NOVEMBRO
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Aprobado pola Asamblea Xeral das Nazóns Unidas en decembro de 1999. Celébrase anualmente cada 25 de novembro, en memoria das irmáns Mirabel (asasinadas na República Dominicana por orde do dictador Rafael Leónidas Trujillo). A proposta realizouna a República Dominicana co apoio de 60 países.

Nas sesións de animación á lectura da nosa biblioteca, FOMENTAMOS A COEDUCACIÓN e lemos e contamos contos.
Para o alumnado de Educación Intantil
ROSA CARAMELO.  Adele Turín. Editorial Kalandraka

Para o alumnado do Primeiro Ciclo de Primaria
O PAÍS DOS MANDÓNS. Paloma Rodríguez. Editorial Embora



Para o alumnado do Segundo Ciclo de Primaria
O LIBRO DOS PORCOS. Anthony Browne. Editorial kalandraka. 
Esta presentación está elaborada pola Biblioteca do Ceip "Mestres Goldar"

Para o alumnado do Terceiro Ciclo de Primaria
XELA VOLVEUSE VAMPIRA. Fina Casalderrey. Editorial Baía



Tamén visionamos ovideo educativo, realizado polo alumnado de 4º do CEIP San Rafael de Cádiz






DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DO NENO E DA NENA


O 20 de novembro é o día que a Asamblea Xeral das Nazóns Unidas, recomendou  para que se instituira en todos os paises o día Universal do Neno e da Nena en conmemoración da aprobación dos dereitos do neno e da nena, pola mencionada Asamblea en 1959.  Para celebralo a nosa biblioteca organizou xogos cooperativos para todas as idades.

HABÍA UNHA VEZ UN CIRCO



Hoxe sentímonos tristes. Hoxe fáltanos Miliki (Emilio Aragón) pero quedan as súas cancións... que permanecerán no noso recordo.

CONTOS DE MEDO POLO SAMAÍN

A nosa biblioteca encheuse de contos, moitos contos, de medo, de bruxas de fantasmas... O ambiente era terrorífico! Os contacontos
disfrutaron metendo medo aos máis pequeniños.

SAMAÍN

Chega o outono, tempo de castañas, noces ,vento, frío, follas secas, setas...É o tempo de coller cabazas e tamén tempo de facer caveiras coa cortiza das cabazas, seguindo unha antiga tradición dos tempos celtas.
Os nosos alumnos e alumnas  puxéronse mans á obra.






O SAMAÍN

Comenzamos cun vídeo elaborado polo equipo de biblioteca do colexio "Mestres Goldar", coa canción  "O Samaín do grupo "Mamá cabra".


24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

A nosa mascota "Bibliótico", repartiu puntos de lectura para todo o alumnado, despois da sesión de Kamishibai



DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O día 24 de outubro celébrase o día das bibliotecas escolares. Para celebralo organizamos unha semana de contacontos  coa técnica do Kamishibai (teatrillo xaponés). O alumnado do terceiro ciclo será o encargado de levar a cabo esta actividade  que se celebrará na biblioteca,  todos os recreos e para o resto do alumnado.


Tamén se fará lectura do fermoso texto que escribiu Agustín Fernández Paz sobre as Bibliotecas escolares
"...Onde hai unha biblioteca hai unha luz que traspasa todos os muros, unha luz que se fai máis intensa cando medran as persoas que a incoroporan ás súas vidas..."
Co texto completo elaboramos unha guía para repartir á comunidade educativa.

BIBLIOTECA ESCOLAR, ACELERADOR DE INNOVACIÓN

Co lema "BIBLIOTECA ESCOLAR, ACELERADOR DE INNOVACIÓN"  e ilustrado por Andrés Meixide, preséntase o cartel que para este curso 2012-2013, edita a Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria, co gallo da celebración do día das bibliotecas escolares, o 24 de 0utubro.






LER PARA MEDRAR

Un ano máis as BIBLIOMALETAS inician a súa traxectoria por todas as familias dos nosos alumnos e alumnas de Educación Infantil. Son unha inviataciòn para disfrutar dos libros en compañía da familia,  compartindo os sentimentos e as emocións que producen as distintas lecturas nos diversos soportes que propoñemos.




MOCHILAS VIAXEIRAS

Co alumnado de primaria empezan a funcionar tamén as Mochilas Viaxeiras ,  para disfrutar, ao igual que as Bibliomaletas, dos libros en compañía da familia . É intención destas actividades conseguir os obxectivos de: 

Concienciar ás familias do importante papel que desempeñan no fomento da lectura.
Coñecer e disfrutar dos diferentes tipos de lecturas.
Descubrir "outros xeitos de ler" na linguaxe da música e dos audiovisuais.
Fomentar o hábito lector no alumnado do centro.