Co novo curso, iniciase, unha vez máis en todas as aulas, a HORA DE LER, coa intención de fomentar a lectura e crear hábitos lectores entre o noso alumnado que axudará a afianzar a lectura comprensiva como competencia fundamental en todas as materias do currículo. Para completar a biblioteca de aula, as Bibliomaletas, con material da biblioteca do centro, tamén comezan a súa andaina, aportando libros de temáticas variadas, adaptados ás distintas idades do alumnado.
Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo
BENVIDA AO NOVO CURSO
A nosa mascota "Bibliótico" dá a benvida a toda a comunidade educativa . Comezamos un novo curso para fomentar, compartir, investigar, experimentar e intercambiar lecturas, moitas lecturas e moitos libros e así disfrutar e mellorar as habilidades lectoras do noso alumnado, base dunha aprendizaxe de calidade.
BIBLIOTECA ESCOLAR BASE DE EXPLORACIÓNS
"BIBLIOTECA ESCOLAR, BASE DE EXPLORACIÓNS" é o lema elixido este curso 2015-2016 para o cartel da campaña anual de bibliotecas escolares. A imaxe foi realizada polo ilustrador de banda deseñada Fran Bueno.
Este lema, "Biblioteca escolar, base de exploracións", chama a traballar coa información e convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido.
Este lema, "Biblioteca escolar, base de exploracións", chama a traballar coa información e convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido.
XORNAL ESCOLAR
"A ponte Vella" o noso xornal escolar é o resultado dos traballos de investigación, as actitudes literarias, a búsqueda de información, a composición, a creatividade plástica e tamén estética dos nosos escolares; estimulando deste xeito a súa capacidade crítica e creativa e polo tanto reforzando o interés pola aprendizaxe e os seus procesos
.
.
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
Coa chegada do verán, esperamos que a maxia da lectura se multiplique e nos anime a escoller un bo libro para acompañar as nosas vacacións e sumerxirnos nas interesantes historias que nos propoñen os distintos autores.
Aqui vos deixamos unha guía de recomendacións lectoras para todas as idades coa intención de fomentar o pracer da lectura neste cálido verán.
CONTO COLECTIVO
Este bonito conto titulado "Príncipes, cabaleiros e princesas"foi feito polos nenos e nenas de 6º de Educación Infantil: Xerión, Cristhian, Carlos, Aitor, Marco, Héctor, Iker, Diego, Candela, Borja, Antonio, Judith, Iria, José Luis, Lucía, Adrián, Uxía, Lucas, Rubén, Marta, jean Paul, martín e Laila, baixo a coordinación da súa titora Asun Marcos Mejía
FILGUEIRA VALVERDE E OS NENOS E NENAS
Os nenos e nenas de 4º de Educación Infantil aprenden, pintando un bonito maio, recolectando flores para decoralo e escoitando música galega, sobre o autor homenaxeado este ano polo día das letras galegas Xosé Fernando Filgueira Valverde.
FILGUEIRA VALVERDE E OS NENOS on PhotoPeach
OBRADOIRO: EUROPA Á CARTA
Con este obradoiro, fíxose reflexionar aos nenos e nenas sobre a importancia da comida como aspecto identitario; trátase de que tomen consciencia da gastronomía propia e que, ademais, enriquezan a súa visión co achegamento a outras culturas. Coñeceron pratos típicos de diferentes países, por medio dunha viaxe virtual. Realizaron unha actividade plástica de composición artística, tomando como base as variedades gastronómicas dos diferentes países
visitados.
OBRADOIRO: QONTARTE
Este obradoiro de arte para escolares está baseado no conto titulado "Se os gatos levasen botas gobernarían as ras", escrito por Raquel Saiz e ilustrado por Rashin Kheiriyeh. Os nenos e as nenas, tratarán de reproducir as técnicas de impreseión e estampación, ao igual que no libro para crear novos personaxes: bruxas, reis, gatos, ras, frautistas... Coa intención de estimular e desenvolver a expresión plástica e a creatividade , ademais de contribuir á formación dunha conciencia estética para achegar os escolares ao mundo da arte.
OBRADOIRO DE CONTOS: "COAS MANS NA MASA"
Existen moitos medios de achegarnos á cultura dun país, un deles é a través dos contos da tradición oral, a palabra en voz alta, outro é a través da gastronomía; este obradoiro serve para explorar cos nenos e nenas a relación entre literatura e gastronomía.
Baseandonos no conto "Maruxa" de Eva Mejuto e ilustracións de Mafalda Milhöes, os nenos e nenas realizaron as súas propostas plásticas a partir de masa de pan. Con fariña, auga e sal, experimentaron con formas, texturas, cores e moldearon a personaxes singualres do mundo dos contos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)