Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo
O TERCEIRO LIBRO DE NURIA DEVESA NÚÑEZ
"O mundo da imaxinación" conxunto de 17 poemas e 10 contos, escritos por Nuria Devesa Núñez
NURIA DEVESA
"O MUNDO DA IMAXINACIÓN", é o terceiro libro de Nuria Devesa Núñez, despois de ter escritos dous poemarios: "La vida" e tamén "Eu quero ter un libro así". Este terceiro libro, recolle 17 poemas e 10 contos e seguindo na mesma liña que nos anteriores libros, as ilustracións son feitas por ela. "O mundo da imaxinación" transmite frescura, espontaneidade, imaxinación, moita creatividade e plasma os seus sentimentos e ilusións, viaxando por mundos reais e imaxinarios que nos fan adentrarnos no seu mundo de fantasía e imaxinación.
MOCHILAS VIAXEIRAS
Xa están en marcha as mochilas viaxeiras, e para os máis pequeniños as maletiñas viaxeiras, co proxecto "Ler para medrar", actividades que permiten á biblioteca escolar o contacto coas familias, coa intención de conseguir a súa colaboración e participación na formación de lectores e lectoras.
CONCERTO BUCÓLICO
O martes, día 6 de outubro, estivo no noso centro, SIMÓN PIÑÓN, co seu espectáculo de música e teatro "CONCERTO BUCÓLICO", proxecto no que presenta a música tradional galega como unha experimentación na que combina sons, melodías e poemas de xeito didáctico . O alumnado familiarizase con instrumentos populares galegos, cantares de cego e diversas formas de recollida, acercandonos de forma directa á nosa música e ás nosas tradicións
HORA DE LER
Co novo curso, iniciase, unha vez máis en todas as aulas, a HORA DE LER, coa intención de fomentar a lectura e crear hábitos lectores entre o noso alumnado que axudará a afianzar a lectura comprensiva como competencia fundamental en todas as materias do currículo. Para completar a biblioteca de aula, as Bibliomaletas, con material da biblioteca do centro, tamén comezan a súa andaina, aportando libros de temáticas variadas, adaptados ás distintas idades do alumnado.
BENVIDA AO NOVO CURSO
A nosa mascota "Bibliótico" dá a benvida a toda a comunidade educativa . Comezamos un novo curso para fomentar, compartir, investigar, experimentar e intercambiar lecturas, moitas lecturas e moitos libros e así disfrutar e mellorar as habilidades lectoras do noso alumnado, base dunha aprendizaxe de calidade.
BIBLIOTECA ESCOLAR BASE DE EXPLORACIÓNS
"BIBLIOTECA ESCOLAR, BASE DE EXPLORACIÓNS" é o lema elixido este curso 2015-2016 para o cartel da campaña anual de bibliotecas escolares. A imaxe foi realizada polo ilustrador de banda deseñada Fran Bueno.
Este lema, "Biblioteca escolar, base de exploracións", chama a traballar coa información e convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido.
Este lema, "Biblioteca escolar, base de exploracións", chama a traballar coa información e convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido.
XORNAL ESCOLAR
"A ponte Vella" o noso xornal escolar é o resultado dos traballos de investigación, as actitudes literarias, a búsqueda de información, a composición, a creatividade plástica e tamén estética dos nosos escolares; estimulando deste xeito a súa capacidade crítica e creativa e polo tanto reforzando o interés pola aprendizaxe e os seus procesos
.
.
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
Coa chegada do verán, esperamos que a maxia da lectura se multiplique e nos anime a escoller un bo libro para acompañar as nosas vacacións e sumerxirnos nas interesantes historias que nos propoñen os distintos autores.
Aqui vos deixamos unha guía de recomendacións lectoras para todas as idades coa intención de fomentar o pracer da lectura neste cálido verán.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)