Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

DÍA DO LIBRO INFANTIL: ANDERSEN

O día internacional do libro infantil coincide coa data do nacemento de Hans Christian Andersen (1805-1875) escritor e poeta danés, famoso polos seus contos para nenos e nenas: O patiño feo, A sereíña, A raíña das neves, O traxe novo do rei, O soldadiño de chumbo, O xastriño valente...tan divulgados e coñecidos que ás veces confúndense con contos tradicionais anónimos. Pola súa grande inventiva e a equilibrada sinxeleza do seu estilo e da súa técnica narrativa, Andersen é o primeiro gran clásico da literatura infantil.
Coa finalidade de promocionar os bos libros infantis, fomentar o hábito lector e disfrutar coa boa narración, o noso alumnado participou na biblioteca dunha sesión de narración oral de contos de Andersen. Nenos e nenas de varios cursos leron, contaron, narraron aos máis pequenos 




DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2019

Hoxe 2 de abril é o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, data do nacemento de Hans Christian Andersen. O cartel deste ano 2019 foi feito por Kestius Kasparavicius de Lituania, quen titula a mensaxe: OS LIBROS FANNOS ACOUGAR. Os libros teñen unha cualidade marabillosa: axúdannos a vivir, a observar, a buscar acomodo...

DÍA DAS ARTES GALEGAS 2019: LUIS SEOANE

O día 1 de abril celébrase o día das Artes Galegas que neste 2019, homenaxea a LUIS SEOANE. Queremos aproveitar a ocasión para coñecer e difundir a súa obra e a súa figura como teórico de arte, creador, deseñador, caricaturista, debuxante, pintor, e ademais foi esencial no Laboratorio de Formas da cerámica de Sargadelos e do Castro e na creación dunha nova imaxe de Galicia baseada na interacción-tradición-innovación a través das industrias cerámicas, xa citadas anteriormente.

Resultado de imagen de DIA DAS ARTES GALEGAS 2019



PLANTAMOS UNHA ÁRBORE POLO DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA

Aproveitamos a celebración do día da ÁRBORE
E DA AUGA para plantar con todos os escolares do centro unha árbore como forma de axudar a frear o deterioro do noso medio ambiente e tamén para reflexionar sobre os servizos que prestan as árbores ante situacións ambientais que afectan á humanidade, caso espescífico do quentamento global do planeta e a disminución da calidade e cantidade de auga, que día a día mostran os seus efectos negativos para os seres humanos. As árbores captan e recargan as fontes de auga, liberan osixeno e capturan o dióxido de carbono. Por esta razón, hai que promover unha conciencia de conservación e restauración dos bosques, facendo un bo uso dos recursos naturais.




DÍA DA POESÍA 2019

Celebramos o Día Internacional da Poesía con un recitado de poemas  do libro de Antonio García Teijeiro (Premio Nacional de Literatura polo seu libro Poemar o mar)  titulado "Caderno de fume". Nesta poesía palabras e fume veñen ser o mesmo: divirten, provocan, deixan olor e, se ti queres, permítenche imaxinar que estas a escribir o teu  propio fermoso caderno de fume.










PIONEIRAS 2

Elena presenta aos compañeiros e compañeiras o libro PIONEIRAS 2, galegas que abriron camiño. Son fotógrafas, arquitectas, mestras, políticas, actrices, astrónomas, aviadoras... O segundo volume de Pioneiras fala de máis mulleres donas de si; galegas que foron capaces de desviarse do vieiro que a sociedade do momento lles reservaba e faceren grandes contribucións sociais e conquistas de dereitos que legan ás novas xeracións.


DÍA DA MULLER 2019

Este día é un bo momento para reflexionar acerca dos avances logrados, pedir máis cambios e celebrar a valentía e a determinación das mulleres de a pé que xogaron un papel clave na historia e dar visibilidade ás mulleres destacadas no campo da ciencia, a tecnoloxía, a literatura, as matemáticas, a pintura, a música...



Tamén engadimos unha presentación  de personaxes femininos (feita polo coro feminino Cantar Delas) dende o século XIII ata o século XX.  Estes personaxes que forman parte do imaxinario colectivo, están presentes nas nosas vidas sen saber, en moitos casos, quen foron e as razóns polas que pasaron á historia. A intención  é dar a coñecer o papel que estas mulleres tiveron no cuestionamento da orde social, na loita contra as inxustizas, os motivos polos que foron perseguidas nuns casos, vilipendiadas ou imcomprendidas noutros.