Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo
CONTACONTOS POLO SAMAÍN
Sabendo que o que máis medo nos dá é o que imaxinamos, nenos e nenas de 6º B escolleron as lecturas máis terroríficas da biblioteca para contar a todos os nenos e nenas do cole e pasar na biblioteca un pouco de medo...Fantasmas, bruxas, ogros, monstros, esqueletos, morcegos, vampiros...foron protagonistas das historías que tan ben nos contaron e tanto nos asustaron.
PARA POÑER OS PELOS DE PUNTA!
Onde viven os monstros. Maurice Sendak.
Casa encantada. Kazuno Kohara
Sacapenas. Anthony Browne.
Cousas de bruxa. Marta Sevilla
Os esqueletos divertidos. Janet e Allan Ahlberg.
A bruxa regañadentes. Tina Meroto.
A figueira de pelostortos. Ana García Castellano.
A min non me comas! Margarita del Mazo.
Barbazul. Perrault (Adaptación de Tereixa Alonso)
CONTOS PARA PASALO DE MEDO
Mentras agardamos a chegada do Samaín na biblioteca podemos gozar dunha especial selección de libros e contos terroríficos para pasalo de medo. Contos de monstros, de bruxas de esqueletos, de vampiros, de fantasmas de castelos encantados...para ler e disfrutar
24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
A biblioteca é un centro de lectura, información e aprendizaxe integrado na vida da institución escolar, permitindo o acceso a materiais informativos actualizados, diversos, apropiados, suficientes en número e calidade e contemplando todas as áreas do currículo, é dicir, é unha contorna física e dixital de aprendizaxe na escola onde a lectura, o interese, a investigación, a imaxinación e a creatividade son fundamentais cara á información, o coñecemento, o crecemento persoal, social e cultural dos nenos e das nenas.
RADIO NA BIBLIO

Este curso 2019/2020 concedéronnos a participación no proxecto piloto "Radio na Biblio" para poñer en funcionamento un laboratorio/emisora de radio na nosa biblioteca escolar. Con esta iniciativa búscase traballar a expresión escrita e oral do alumnado a través da creación de espazos que funcionen como centros creativos de aprendizaxe. A posta en marcha dunha emisora de radio no centro educativo vai proporcionar múltiples oportunidades para o desenvolvemento das competencias clave e tamén ampliar as linguaxes presentes na biblioteca, promover a expresión oral, a alfabetización múltiple e o traballo colaborativo de profesorado e alumnado.
BIBLIOTECA ESCOLAR, VIVEIRO DE CIUDADANÍA

Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía" é o lema proposto para as bibliotecas escolares galegas para o presente curso 2019/2020. Óscar Vilán é o ilustrador quen interpreta o lema e nos ofrece unha imaxe múltiple e evocadora de diversas situacións que unha biblioteca pode facilitar.
Compre sementar, crear un habitat axeitado para que os pequenos e as pequenas vaian desenvolvendo a estima por si mesmos e polos recursos naturais e culturais á súa disposición, aprendan a convivir cos outros, adquiran paulatinamente os valores democráticos, o respecto polos Dereitos Humanos e a Cultura de Paz imprescindible para unha convivencia xusta, pacífica e tamén enriquecedora para todas e todos
A Biblioteca escolar pode chegar a ser ese "viveiro de cidadanía" no que medren en confianza as xeracións novas e poidamos forxar a esperanza fronte aos retos que o mundo actual presenta
OS NOSOS LIBROS
Comezamos o curso con enerxías renovadas, cargad@s de ilusión e con moitos contos, nesta ocasión con unha exposición de contos e libros escritos, creados e ilustrados polo alumnado do centro e que pasan a formar parte da colección da biblioteca escolar. A temática de "Os nosos libros" é moi variada: poesía, relato curto, contos, adaptacións, traduccións, investigacións, lendas...
LUIS VALLECILLO
Entretenemento, emocións, contos e cancións con LUIS VALLECILLO e co seu espectáculo musical CANTAMOS?
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)