Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

BIBLIOTECA ESCOLAR, VIVEIRO DE CIUDADANÍA

Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía" é o lema proposto para as bibliotecas escolares galegas para o presente curso 2019/2020. Óscar Vilán é o ilustrador quen interpreta o lema e nos ofrece unha imaxe múltiple e evocadora de diversas situacións que unha biblioteca pode facilitar.
Compre sementar, crear un habitat axeitado para que os pequenos e as pequenas vaian desenvolvendo a estima por si mesmos e polos recursos naturais e culturais á súa disposición, aprendan a convivir cos outros, adquiran paulatinamente os valores democráticos, o respecto polos Dereitos Humanos e a Cultura de Paz imprescindible para unha convivencia xusta, pacífica e tamén enriquecedora para todas e todos
A Biblioteca escolar pode chegar a ser ese "viveiro de cidadanía" no que medren en confianza as xeracións novas e poidamos forxar a esperanza fronte aos retos que o mundo actual presenta

0 comentarios: