O alumnado de 1º de primaria, para celebrar o día do libro, falou por videoconferencia con JOSÉ CAMPANARI autor do libro SÍGUEME, ilustrado por Roger Olmos e editado por OQO,que foi o libro escollido por toda a clase como favorito. Campanari contestou a todas as preguntas que as nenas e os nenos lle fixeron.
As familias do alumnado de educación infantil de 5 anos a través da ferramenta multimedia PADLET compartiron os gustos lectores dos seus fillos e fillas para celebrar o día do libro, e para seguir disfrutando cos libros e cos contos participaron dunha divertida sesión de contacontos na biblioteca.
Que mellor forma de celebrar o día do libro que poñernos todos de acordo para recomendar un libro co obxectivo de fomentar a lectura como ferramenta para a apertura hacia novos coñecementos e recurso que axuda ao desenvolvemento da creatividade e as capacidades cognitivas.
A orixe do do día do libro data de 1926 e é debido a que nese día morreron Cervantes, Sakespeare e Garcilaso de la Vega. Neste día, como acto simbólico para a literatura, recordamos o obra universal de Cervantes DonQuixote da Mancha, lemos a aventura dos muíños e debuxamos
Polo día da poesía Manuel de 5º C recita Adiós ríos, adiós fontes, fermoso poema de Rosalía de Castro que en boca de Manuel cobra unha sensibilidade e unha musicalidade especiais. Noraboa Manu!!!
A creación de pareados sinxelos, graciosos e divertidos, nun ambiente musical e moi agradable de escoitar, foi o acercamento á poesía do alumnado de 2º e de 3º para iniciarse na escritura de poemas.
Para concienciar ao alumnado da importancia que ten a reciclaxe na conservación do entorno e polo tanto no coidado do medio ambiente, os nenos e nenas de 2º, co seu profe Iago Calderón, participaron nun obradoiro de reciclaxe de papel. Reciclaron papel de periódoco para facer libretas e marcadores de libros.
O alumnado de 6º de primaria reflexiona sobre a IGUALDADE, plantexando situacións reais de desigualdade que sucenden no mundo actual que nos indican que aínda quedan moitas cousas polas que seguir loitando, por iso todos os días deberían ser 8 de marzo. Tamén presentan mulleres que a pesar das trabas e prexuicios de moverse en ámbitos masculinos, foron capaces de sobresalir e servir como exemplo a outras mulleres do mundo
Hoxe 24 de febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro. Rosaía naceu tal día como hoxe en 1837. Recordamos a súa vida, a súa obra e algúns dos seus poemas máis coñecidos: Adiós ríos, adiós fontes...e Airiños, airiños, aires...recitados polo alumnado de 5º. A súa vida e obra a través de textos realizados en traballos de investigación e tamén adaptados para o teatriño xaponés, kamishibai, e con ilustracións feitas polo alumnado de 5º de primaria.