Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo
DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA
A necesidade de preservar a riqueza natural do planeta, lévanos á respectar o noso hábitat máis próximo como base fundamental da conservación do medio ambiente para que sexa garantía de benestar e de calidade de vida.
Nestes días elixidos en todo o mundo para celebrar o día da árbore, 21 de marzo e da auga, 22 de marzo, aproveitamos para traballar desde a escola a importancia que teñen nas nosas vidas as árbores e a auga e a concienciación para conservar a Natureza. A calidade ambiental do noso entorno e do planeta depende moito do uso que todos fagamos da auga e das árbores, de tratalas como o que son: fonte de vida.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario