Boas a todas!
Xa estamos aquí de novo, quentando motores para empezar unha nova aventura!
Este anos estaremos acompañados da nosa nova mascota " LEO O CASTIÑEIRO" que está sempre asexando as nosas lecturas dende o medio do patio.
Cando lle dixemos que este ano o PDI trata sobre "AS ÁRBORES DA CONTORNA", púxose moi feliz e como se lle vía tan contento decidimos porlle por título:
" LEO CASTIÑEIRO E AS ÁRBORES DA CONTORNA"
Pasamos agora aos avisos e novas:
- Xa temos horario para que cada aula poda baixar á biblioteca a ler, investigar, coser, construir, xogar, ...
- Coma todos os cursos estamos abertas no tempo de lecer. Recordade consultar os turnos e pedídelle o pase ás vosas titoras.
- Este ano no tempo de lecer temos un novo proxecto " MENTES EN XOGO" no que disfrutaremos de distintos xogos da man do profe Antonio e do alumnado axudante. O obxectivo deste proxecto e que o alumnado aprenda os normas de distitos xogos para que despois poidan desfrutalos no seu tempo libre: aquí ou na casa.
- O CLUB DE LECTURA xa está en marcha. Neste trimestre estades tan animadas que tivemos que facer dous clubes. O Club de lectura de 6º embarcouse nunha aventura filosófica con " O moucho voa" de Miguel Vázquez Freire e o de 5º marchou de aventuras con ADELINA, unha novela gráfica de Sandra Lodi que conta as aventuras dunha anciá que marcha da residencia na que estaba ingresada contra a súa vontade.
- Por outra banda xa están en marcha as mochilas viaxeiras que como cada ano van de fogar en fogar abrindo novas ventas á lectura en familia.
E imos terminando, este blog abre unha nova sección que ten por finalidade achegarnos a novas maneiras de traballar e de aprender na AULA ESPECÍFICA. Aquí vos deixamos o enlace e se botades unha olladiña cara a dereita tamén podedes acceder pinchando en:
UNHA AULA, MIL MANEIRAS DE APRENDER
Ben, polo de agora iso é todo pero non vos despistedes que en nada estamos de volta!!



