Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL



Hoxe, 2 de abril de 2020, e coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil co fin de promocionar os bos libros e a lectura entre os máis novos. Nesta situación tan especial de confinamento e polo tanto de estrés emocional que estamos a vivir, a lectura é moi positiva pois axuda  a rebaixar a tensión a través da concentración, polo tanto o libro infantil ten máis transcendencia que nunca nestes días especiais. Neste blog poñemos a disposición de todos os nenos y as nenas unha serie de propostas lectoras para todas as idades: contos, videocontos, contacontos, recomendacións lectoras, enlaces... para disfrutar  dos libros e da lectura. E para celebrar este día dun xeito especial facemos a seguinte proposta.
PROPOSTA
1º.- Fai un debuxo do teu libro favorito
2º.- Unha vez rematado, pídelle a alguén da casa que lle saque unha foto, ou tamén a podes facer ti mesmo/a.
3º.- Logo mándadea ao seguinte correo:
bibliopontelugo@gmail.com 
Con todos os debuxos recibidos faremos un vídeo de recomendacións lectoras.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!

0 comentarios: