Proposta Biblioteca: DÍA DA PAZ e DÍA DA ILUSTRACIÓN (30 xaneiro)
Animámosvos a celebrar tamén con nós o DÍA DA PAZ e o DÍA da Ilustración participando na actividade "PALABRAS MÁXICAS"
- Escoitaremos a canción ' Palabras Máxicas' recollida no conto/disco A BRUXA DISCORDIA de Mamá Cabra.
https://music.youtube.com/watch?v=9qh8-if2b5o&feature=share
- Observaremos a estrutura das estrofas e, en gran grupo, elaboraremos unha nova estrofa/feitizo.
- Cada un de nós ilustraremos o noso feitizo nun anaco de papel.
- Finalmente, escribiremos o Feitizo da nosa clase con letras fermosas nun anaco de papel corrido
e pegaremos as ilustracións de todas e todos nel.
As nosas 'PALABRAS MAXICAS' serán expostas na entrada do colexio.
Deixovos a letra para que poidades observar a estrutura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario