DÍA 25 DE NOVEMBRO
O pasado 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, as alumnas de 5º participaron nun programa especial de radio escolar 📻💜 para reflexionar sobre a importancia desta data, tanto nas escolas como no mundo enteiro 🌍.
A través das súas palabras, amosaron compromiso, respecto e conciencia fronte á violencia machista ✊. Ademais, puxeron voz e emoción cantando a canción “E ti só ti” de SÉS 🎶, convertendo a música nunha mensaxe de igualdade, forza e esperanza.
Porque educar en igualdade desde pequenos e pequenas é clave para construír un futuro mellor 💜📚.
No hay comentarios:
Publicar un comentario