Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo
CALENDARIO 2014
A maioria dos nenos e das nenas do centro colaboran coas familias nas propias hortas que cultivan preto dos seus fogares, convertíndose nunha ferramenta útil e de aprendizaxe. Por un lado está o traballo de sementar coidar e recolectar á vez que pasan tempo en contacto coa natureza e deste xeito aprenden cal é a verdaeira orixe da comida e o estudo do seu crecimento fainos máis receptivos á hora de comer froitas e verduras. Este curso o tema do calendario, proposto desde o colecctivo estiño, trata sobre A HORTA, a nosa horta galega, coa participación de 21 centros da provincia de Lugo e de Ourense.Unha vez elixido o diseño, entre todos os aportados polos numerosos participantes, neste caso, este bonito espantallo, xurdiron os productos para repartir entre todos os centros e poñerse a investigar: tomate, amorodo, cenoria, epinaca, coliflor, acelga, nabo e nabiza, allo, pataca, cogombro, pemento, cebola, cabaza, ourego... A nós tocounos traballar sobre os cogombros e os espárragos.
O DISFRAZ DO APALPADOR
Continuamos a engadir recursos para socializar ao noso ser máxico navideño, neste caso, un disfraz, do que os nenos e as nenas disfrutaron debuxando e pintando e agora caracterizándose.
O APALPADOR CONTA CONTOS NA BIBLIOTECA
O APALPADOR REPARTE AS GUÍAS DE LECTURA
O Apalpador, foi ás clases a repartir a guía de recomendacións lectoras para este Nadal, onde van suxestións de libros para ler nestas vacacións tanto para a educación Infantil, como para todos os ciclos de Primaria e tamén para adultos.
O APALPADOR NA BIBLIOTECA
O Apalpador ao chegar ao centro, o primeiro que fixo, foi ir á biblioteca para contar contos divertidos, que tiveron á audiencia infantil moi atenta e moi participativa.
VÍDEO: O APALPADOR EN KAMISHIBAI
CONTO DO APALPADOR EN KAMISHIBAI
O APALPADOR CHEGA Á BIBLIOTECA
O Apalpador chega unha vez máis á nosa biblioteca, cheo de contos, historias e cantigas. Consideramos importante recuperar as nosas tradicións galegas e transmitirllas ao noso alumnado. O Apalpador ou Pandigueiro (pola zona de Ourense) é un xigante que vive nas altas montañas, facendo carbón todo o ano para escorrentar o frío do inverno. No seu tempo libre fai xoguetes artesanais con madeira, pedra, cartón...respectuosos co medio ambiente. Na noite do Nadal baixaba das montañas e apalpaba as barriguiñas dos nenos e das nenas. Se estaban ben cheas dicía: "Así, así esteas todo o ano" e deixáballes unha presa de castañas. Para tranquilizar aos nenos e nenas, bulideiros pola inquedanza da chegada do Apalpador, os pais e nais cantábanlles:
Mañá é día de cachela
que haberá gran nevarada
e ha vir o Apalpador
cunha mega de castañas.
Por aquela cemba
xa ben relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.
Mañá é día de cachela
que haberá gran nevarada
e ha vir o Apalpador
cunha mega de castañas.
Por aquela cemba
xa ben relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.
ADEUS A NELSON MANDELA
Nelson Mandela (Madiba) loitou toda a súa vida contra as diferenzas de clases e de razas entre negros e brancos e contra as inxustizas, convertíndose nun símbolo da liberdade e a tolerancia.Foi presidente da República Sudafricana. Despois de pasar 27 anos no cárcere acusado de terrorismo e alta traición, por defender os dereitos da poboación negra durante o apartheid. Foi premio Nobel da Paz en 1993
Suscribirse a:
Entradas (Atom)