Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

25 N- DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES E AS NENAS

Este 25 de Novembro celebramos  o DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES E AS NENAS,  que este ano, baixo o lema:  "ÚNETE para poñer fin á violencia dixital contra as mulleres e as nenas"  tenta mobilizar á sociedade para poñer fin a esta lacra que agora nos maltrata tamen no mundo dixital.

Dende BIBLIOPONTE, coma todos os anos recollemos e ofrecemos recursos para traballar na aula cas nosas nenas e nenos. Os nosos obxectivos son:

- Romper os estereotipos de xénero que sustentan a desigualdade entre homes e mulleres. 

- Favorecer a educación en igualdade como prevención da violencia machista.

- Comprender o concepto de igualdade efectiva entre homes e mulleres.

RECURSOS:

 





Dispoñible  na plataforma ELBE https://bega-elbe2.edu.xunta.es/?locale=es








OBRADOIRO DE TEATRO RADIOFÓNICO CON CRISTINA COLLAZO (Radio na biblio)

 Boas rapazada!!

Este 11 de novembro as vosas compañeiras/os de 5º desfrutaron din emocionante obradoiro de teatro radiofónico con Cristina Collazo.


Cristina chegou cargada dun montón de ideas, dinámicas e enerxía. Quentamos o corpo e a voz, falamos dos elementos básicos do teatro e da produción radiofónica, aprendemos o que é o foley, xogamos  coa nosa voz, fixemos improvisacións por grupos e, por último, dada a cercanía do Samaín, creamos e gravamos un relato radiofónico arrepianteeee....

Pecha os ollos. Abre ben as orellas e viaxa con nós ao bosque encantado...  



Presentamos o noso PDI: "O Camiño de Santiago"

Boas compañeiras e compañeiros de camiño, hoxe presentamos o PDI(Proxecto Documental Integrado)sobre o que imos traballar e investigar xuntos: "O Camiño de Santiago". Ao longo deste andaina de aprendizaxe imos explorar moitos aspectos que rodean O Camiño. Se queredes coñecelos, aquí vos deixamos este video de presentación que elaboramos para presentarnos no programa "21 Días en Galego"  

OBXECTIVOS:

  • Aprender a buscar, seleccionar e organizar información sobre o Camiño de Santiago utilizando diferentes fontes (libros, guías, mapas, recursos dixitais e testemuños orais).
  • Fomentar a lectura comprensiva e crítica a través de textos informativos, lendas, contos e poemas vinculados á ruta xacobea.
  • Iniciar no uso de ferramentas dixitais para a creación de contidos propios (presentacións, murais virtuais, podcasts ou mapas interactivos del Camiño).
  • Valorar a biblioteca escolar como o espazo central de aprendizaxe, documentación e dinamización do proxecto.
 Bo camiño a todas!!!

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR, 24 OUTUBRO. A XUBILACIÓN DE BIBLIÓTICO!

 Hoxe, 24 de outubro, celebramos o DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR, "O lema deste ano, "Contra a desinformación: bibliotecas", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais) na loita contra a desinformación."

 

Este día, tan especial para a biblioteca, é o día escollido por BIBLIÓTICO, a que foi a nosa máscota durante máis de 15 anos, para xubilarse e encargarlle ás nenas e nenos o DESEÑO  da nova máscota.

Aquí vos deixamos a carta que Bibliótico lle enviou a todas as aulaS explicando a súa decisión e facendo o seu último encargo como mascota de Biblioponte:



Adeus, Bibliótico! Botarémoste en falta!!





SAMAÍN 25/ 26: III CONCURSO DE RELATOS ARREPIANTES NO CAMIÑO DE SANTIAGO

 Boas, rapazada!

Como cada ano, cando se achega o Samaín, lanzamos o noso concurso de RELATOS ARREPIANTES. Xa estamos na 3ª edición e este ano esparamos que participedes todas e todos.

Como di nas bases, o relato será inédito e en galego. Este ano, o relato deberá estar ambientado no Camiño de Santiago. O alumnado de infantil pode presentar un debuxo ou unha banda deseñada arrepiante.



Este curso a participación foi enorme e fíxosenos moi difícil seleccionar os relatos gañadores.












 
Parabéns a todas as participantes!!!



BOA VIAXE!!! Mochilas Viaxeiras 25/26

 As nosas compañeiras de aventuras arrancan un ano máis a súa viaxe. Non han tardar moito en visitar a túa casa,  así que vaille preparando un bon acomodo e disfruta coa túa familia.




Boa Viaxe, Mochilas Viaxeiras!!!

VISITAMOS A BIBLIOTECA:EI

 As alumnas e alumnos de EI viñeron estes días   coñecer a Biblioteca. Visitaron todos os recunchos  e escoitaron moi atentos as normas de uso de cada espazo.





 As mestras explicáronlles que todas as semanas van vir  investigar e descubrir novos contos e, como non, desfrutar un ratiño da zona creativa, onde poden xogar coas construccións, escoitar música, debuxar e incluso iniciarse no mundo da costura.

XA ESTAMOS DE VOLTA!!

  Xa estamos de volta!

Estamos seguras de que tivestes un verán boísimo e de que cargastes as baterías para axudarnos e acampañarnos  na viaxe deste neste curso.

Como cada ano as titorías disporán dúnha hora para baixar á biblioteca e no tempo de lecer Biblioponte está sempre bulindo cos que vides a ler no noso novo sofá, a escoitar música, a argallar na zona de creatividade, xogos e construcións.










 Moitas de vós xa andades a preguntar como facervos persoas voluntarias  para colaborar nas tarefas de préstamo, organización,... As MOCHILAS VIAXEIRAS comezarán a súa andaina polas casas en breve e temos outras interesantes propostas que xa están dando os primeiros pasos:

- Iniciamos unha viaxe fantástica no CLUB DE LECTURA  "Historias da Ponte Vella" que este ano, despois do éxito do ano pasado, arranca con dous grupos.

- As profes están xa artellando as actividades que desenvolveremos no noso PDI que este curso vai achegarnos a "O Camiño".

E, para que non andedes perdidos, xa tedes no mostrador a nova GUÍA DE USO DA BIBLIOTECA.




Como vedes en Biblioponte non hai tempo que perder.  Colle folgos e agárrate a un libro!!! 

Esperámoste en BIBLIOPONTE!!


O CROMA NO CLUB DE LECTURA

 

 O CROMA NO CLUB DE LECTURA


TEMOS BIBLIOTECA NOVA!
E entre as súas novidades está a pantalla verde. Nós estámola aproveitando para gravar a trama de "O misterio de Portomarín", agora con actores de carne e óso.

Ademais, na última semana do curso visitaremos o CEIP Sagrado Corazón, onde teremos ocasión de compartir experiencias con Palabras Infindas, o seu club de lectura, e de falar con Antía Yáñez, a autora do libro que traballamos este curso.

VISITA DE ANTÍA YAÑEZ AO CLUB DE LECTURA. ENTREVISTA NO LABORATORIO DE RADIO.

 VISITA DE ANTÍA YÁÑEZ



O día 16 de xuño, tiñamos pensado ir ao CEIP Sagrado Corazón para coñecer o seu club de lectura, Palabras Infindas, e compartir coa autora de O MISTERIO DE PORTOMARÍN a nosa experiencia co libro. 
Finalmente, foron as rapazas e rapaces dese club amigo quen nos visitaron a nós. 
Foi xenial coñecer a Antía e ás compañeiras e compañeiros do Sagrado Corazón!




Tedes curiosidade por saber que nos contou Antía, non si?
Podedes escoitar a entrevista que lle fixemos no arquivo seguinte.
Así, coñeceredes un pouco mellor a esta grande escritora.